Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, informou este mércores que “Ribadeo será unha das 4 sedes da primeira edición da Copa Deputación de fútbol sala, na categoría masculina, grazas o labor que desempeñamos os socialistas no municipio e no Goberno Provincial”. O torneo organizado polo Executivo da Deputación e a Federación Galega de Fútbol Sala terá lugar o 3 de setembro no pavillón municipal de Ribadeo.

 

Murias Fernández subliñou que “tras varias peticións veciñais de traer esta competición deportiva ao noso Concello, dende o PSOE de Ribadeo decidimos trasladarlle ditas demandas aos nosos compañeiros socialistas no Goberno da Deputación que non dubidaron nin un instante en satisfacer as nosas solicitudes. Por este motivo, estamos moi agradecidos á Deputación por haber pensado en Ribadeo como un dos Concellos que poidan albergar esta cita futbolística que sen dúbida dinamizará e impulsará a economía e o turismo durante a xornada, pois se prevé que reúna a máis dun milleiro de persoas”.

 

O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo destacou que “esta iniciativa enmárcase dentro da nosa folla de ruta socialista de achegar gratuitamente diferentes iniciativas deportivas, culturais e turísticas co obxectivo de activar a vida social do noso municipio e facelo máis atractivo para a visita de turistas”.

 

4 equipos e 3 partidos nunha mesma xornada

O pavillón municipal de Ribadeo albergará os partidos de oitavos de final da Copa Deputación de Fútbol Sala en categoría masculina. Os encontros disputaranse entre o S.D. Xove e o Qatar F.S. e o Concello de Begonte F.S. e o Lugo Feitizo Sala. Os gañadores de ambos partidos enfrontaranse entre si en cuartos de final. O equipo gañador clasificarase para xogar a fase final do torneo. A entrada para ver os 3 encontros será totalmente de balde

Que che pareceu o artigo ?