Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Santiago Pérez Rodríguez e Eladio Fernández Pérez tomaron posesión como novos concelleiros do PSOE en Sober no pleno da corporación municipal celebrado este venres. Deste xeito relevan aos anteriores concelleiros, liderando unha nova etapa para os socialistas en Sober co obxectivo de satisfacer as demandas e mellorar a calidade de vida dos veciños do Concello.

 

Santiago Pérezven de estrearse como Secretario Xeral do PSOE en Sober, así como de Voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Sober, despois de recibir o respaldo da asemblea dos militantes de Sober. Este técnico electricista, xa xubilado,formou parte do grupo municipal socialista e foi candidato a alcaldía do municipio nos anos noventa. Veciño de San Martiño de Liñarán, leva moitos anos de militancia no partido e está especialmente comprometido co medio rural e coa dinamización das parroquias da vila.

 

Pola súa parte, Eladio Fernández debuta como concelleiro dos socialistas en Sober. Este veciño da parroquia de Rosende e militante do PSOE dende hai moitos anos,leva presidindo a Federación Galega de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA) moito tempo, promovendo valores tan importantes como o respecto e a igualdade de dereitos.

 

Os novos concelleiros do PSOE amosaron a súa ilusión e o interese por poñerse canto antes a traballar, escoitando á veciñanza para presentar propostas e iniciativas construtivas e buscando solucións ao seus problemas, para facer de Sober un Concello moito mellor.

Que che pareceu o artigo ?