Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, explicou que o grupo municipal socialista insta ao Concello a pedir que a Valedora do Pobo, Milagros Otero, vixíe as irregularidades laborais que se están a producirno conflito de Sargadelos. Así o farán presentando unha moción ao Pleno para que o rexedor municipal solicite a axuda de Otero, como garante dos dereitos dos traballadores desta emblemática empresa.

 

Os socialistas destacaron  que “mañá xoves, a Valedora do Pobo estará no Concello de Cervo polo que cremos que é un bo momento para que o Alcalde recolla a petición que facemos os socialistas en nome da cidadanía para buscar protección ao desamparo existente nesta problemática entre traballadores e empresa”

 

“Visto que a propia Xunta de Galicia de Feijóo recoñeceu que non teñen ningún tipo de medida para facer fronte a este conflito, no que a dirección de Sargadelos chegou a despedir a decenas de traballadores, como se fosen moeda de cambio nun conflito totalmente surrealista; esperamos que a Valedora do Pobo, dentro da súa finalidade última de defensa da cidadanía galega, intente velar para que non se produzan atropellosnos dereitos dos traballadores”

 

“Para os veciños de Cervo non é un tema secundario, senón totalmente prioritario. Sargadelos é unha empresa que dá sustento a ducias de familias do noso municipio, por iso, se deben buscar solucións sensatas que permitan poñer fin a todo tipo de discrepancias, pero respectando sempre os dereitos dos traballadores e dos seus representantes”, explicou o voceiro.

Que che pareceu o artigo ?