Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Subdelegada do Goberno en Lugo,Isabel Rodríguez López, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto a Alcaldes e voceiros do PSOE na Mariña, informaron este mércores que os socialistas invisten 2,8 millóns de euros na mellora integral da N-642. Desta cantidade, foron executadas obras de 1,5 millóns de euros polo que se continuarán con máis actuacións con outros 1,3 millóns de euros.

 

Santos explicou que “sempre defendemos a necesaria mellora da N-642 xunto a todos os nosos veciños da Mariña, pois o PP nin tan sequera fixo os traballos de conservación, facendo que o estado da vía que vertebra toda a Comarca mariñá estivese practicamente intransitable, xa non con baches, con cráteres. A presión veciñal e política que fixemos ao anterior Executivo Estatal do PP supuxo algún anuncio, nada claro, que sempre dixemos que era insuficiente. E así o constatamos”.

 

“Cando os socialistas chegamos ao Goberno Central, corroboramos o simple bacheo que o PP tiña previsto facer. Cumprindo cos nosos veciños e como sempre defendemos, fomos capaces de triplicar o investimento aprobado para a N-642, chegando aos 2,8 millóns, que nos permitirán actuar en toda a estrada”

 

“O noso traballo continúa agora co impulso da tan necesaria Autovía da Mariña da que nos privou o Partido Popular”.

 

Rehabilitación integral da N-642

Tras as reiteradas reclamacións veciñais e do Partido Socialista, o anterior Goberno Central do PP aprobou pequenas obras de emerxencia nesta estrada, cuxo orzamento ampliou o actual Executivo Estatal do PSOE en varias ocasións ata acadar os 1,5 millóns de euros. Con dito investimento melloráronse varios treitos entre os puntos quilométricos 2+200 e 54+395, que transcorren polos Concellos de Barreiros, Foz, Burela e Cervo. Compre subliñar o grave deterioro do pavimento da N-642, pois contaba con fochancas que alcanzaban os 10 centímetros de profundidade.

 

Tal e como se comprometeron a facer os socialistas en xullo adxudicáronse máis obras, que se retomarán nas vindeiras semanas, con outros 1,3 millóns de euros. Con dito orzamento, intensificarase a rehabilitación integral de máis de 20 quilómetros, actuando entre os puntos quilométricos 26+950 e 28+800 e 36+550 e 55+000.

Que che pareceu o artigo ?