Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, subliñou este luns que “os desacreditados na nosa provincia son os representantes do Partido Popular. En primeira instancia Feijóo e logo o seu principal cómplice en Lugo: Balseiro. Xuntos, co beneplácito de todos os seus compañeiros do PP na provincia, teñen sometido aos lucenses a nun castigo permanente alí onde gobernan”.

 

“Téñennos sen Hemodinámica 24 horas; sen médicos de familia e pediatras, especialmente no rural; sen especialistas nos hospitais comarcais; con longas e longas listaxes de espera na sanidade pública, situación que agravaron logo de que nos impuxeran, con toda a sociedade en contra, o fin das áreas sanitarias para derivarnos aínda máis á privada, pois nin hai máis médicos, nin máis servizos sociais, só máis precariedade e peor atención pública”.

 

“Teñen aos pacientes aparcados en urxencias ou na zonas de observación durante días porque quixeron pechar as plantas dos hospitais…”.

 

“Desacreditado está na provincia de Lugo o Partido Popular, Balseiro e Feijóo porque mentiron e deixaron aos lucenses sen o proxecto para o barrio da Residencia; porque son os únicos responsables de que non teñamos Rolda Leste, o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando, a Vía de Alta Capacidade da Mariña ou o desdobramento do corredor cara a Monforte”.

Que che pareceu o artigo ?