Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira do PSOE en Portomarín, Silvia Rodríguez Díaz, valorou este mércores o vídeo publicado e protagonizado polo Alcalde do PP neste municipio, Juan Serrano, e lamentou que “cos nenos de 6 a 12 anos agrupados en dúas clases no colexio público do noso municipio debido aos recortes que aplicou o Partido Popular na Xunta de Galicia, o Rexedor ocupa o seu tempo en facer vídeos tras saír de verbenas. Non fai nada por rematar con esta situación que preocupa e afecta a ducias de familias do Concello. Serrano amosa non ter educación, nin respecto ao municipio de Portomarín e aos seus veciños”.

 

“Para demostrar ter un pouco de educación e respecto polos veciños de Portomarín, debería traballar por resolver os problemas e atender ás necesidades que temos no Concello. Unha delas, e de máxima prioridade, a que estamos a vivir no noso colexio público municipal. Pois os compañeiros do Alcalde do PP na Xunta de Galicia suprimiron un docente. Isto supuxo que hoxe os nenos de 6 a 12 anos estean agrupados en dúas clases”.

 

“Isto non se corresponde dunha educación pública e de calidade á que temos dereito e pola que debemos pelexar todos os cidadáns, máis aínda, se cabe, calquera Rexedor que debe representar e defender aos seus veciños. Pedímoslle que demande de xeito inmediato aos seus compañeiros do PP no Goberno galego, explicitamente a Feijóo, que poña fin aos recortes que aplicaron en educación e resolva xa a situación na que se atopan as familias de Portomarín, incorporando un docente de primaria máis ao noso colexio público municipal”.

 

Silvia Rodríguez engadiu que “é unha verdadeira mágoa, unha vergonza e un desprestixio, en todos os sentidos, que un Alcalde ocupe o seu tempo en facer vídeos tras saír de verbenas en vez de traballar e loitar polos servizos públicos que merecemos todos os veciños de Portomarín”.

 

Portomarín: moito máis que un Alcalde bufón que ridiculiza a Concello e veciños

Neste senso, aclarou e remarcou que “Portomarín ten moito máis que un Alcalde bufón, que pretende ser o hazme reir nas redes sociais, ridiculizando para elo moito máis alá da súa propia persoa: ao noso Concello e, por extensión, a todos os veciños do noso municipio. Portomarín e os seus veciños non merecen estar en boca dos cidadáns pola difusión dun vídeo no que un Rexedor é capaz de desprezar a grande relevancia e prestixio que supón ser a máxima autoridade dun Concello. Rise do valor do público e do institucional. Demostra non estar á altura de ser Alcalde, a autoridade que debe responder ás necesidades de todos os veciños, que debe dar exemplo á cidadanía, en todos os sentidos, para contribuír ao crecemento dun pobo. Pedímoslle un pouco de educación e respecto por todos os veciños de Portomarín”.

Que che pareceu o artigo ?