Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, denunciou este mércores que o PP na Xunta de Galicia leva máis de 20 anos sen arranxar a LU-722 “de Navia de Suarna a Río de Pé”, atopándose na actualidade en moi mal estado. Esta vía de titularidade autonómica é unha estrada fundamental pois vertebra o Concello de Navia de Suarna, comunicándoo con Asturias e León.

 

José Fernández criticou o deficiente estado deste treito duns 5 quilómetros da LU-722 que transcorre por Navia de Suarna. “O pavimento conta con numerosas fochancas, os muros que bordeaban a estrada están destruídos, as cunetas están sen limpar e non dispoñen de biondas e os árbores crecen o seu antollo, poñendo en perigo a seguridades dos veciños e condutores que empregan esta vía a diario”.

 

“Esiximos á Xunta de Galicia que acondicione xa esta estrada pois levan máis de 20 anos sen executar ningunha actuación na mesma. É unha vella demanda dos veciños de Navia de Suarna que están fartos de ser discriminados por parte do señor Feijóo. Outro ano máis vemos como nos orzamentos do goberno autonómico non hai ningunha partida para mellorar a LU-722 de Navia de Suarna. A que están agardando? A que suceda unha desgraza?”.

 

O PSOE comprometido co mantemento de infraestruturas

O Alcalde de Navia de Suarna puxo de exemplo ao Goberno Socialista da Deputación que “se preocupa por manter en boas condicións as estradas que son competencia súa para que os veciños de Navia poidan viaxar por elas coa máxima seguridade”.

 

Neste eido, José Fernández explicou que os socialistas melloraron 5 estradas provinciais cun investimento que supera os 1,6 millóns de euros. Foron a LU-P-3501 “da LU-722, por Paradela, ao Alto do Restelo”; a LU-P-3509 “de Navia, por Virigo, a Alto de Labiadas”; a LU-P-3512 “de Robledo a Cancela da Serra por Son á LU-722”; a LU-P-3502 “de Muñis a Rao”;  e a LU-P-1901 “de Fonsagrada a Navia de Suarna”.

 

Estas actuacións do PSOE beneficiaron aos máis de 1.100 veciños que viven en Navia de Suarna.

Que che pareceu o artigo ?