Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas de Antas de Ulla rexistraron no Concello a convocatoria dun Pleno Extraordinario no que levarán dúas propostas para que o Alcalde do PP convoque inmediatamente a Comisión de Contas para debater a aprobación da Conta Xeral do ano 2017 en sesión plenaria, así como para que o Goberno municipal cumpra os acordos aprobados pola corporación no presente mandato e convoque os plenos e as Xuntas de Goberno no prazo estipulado. O Partido Socialista solicita a celebración de dita sesión tras eludir, o Alcalde do PP, o Pleno Ordinario de xullo e setembro e a Comisión de Contas.

 

A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, denunciou que “por primeira vez na historia do Concello un grupo político, neste caso o Partido Socialista, vese obrigado a tomar unha medida deste tipo e convocar un Pleno Extraordinario para que o Alcalde cumpra coa lexislación vixente e deixe de menosprezar e desatender as necesidades dos veciños”.

 

“Para nós o señor Varela ten un suspenso por non asumir as súas obrigas como rexedor, traspasando os límites democráticos e prexudicando a todos os seoanenses, xa que o seu deixamento e insolvencia provoca que o Concello perda axudas económicas doutras administracións, así como os reiterados retrasos para conceder permisos e licencias aos cidadáns. Dende o PSOE non imos a permitir máis enganos e mentiras, por estes motivos convocamos este Pleno Extraordinario, para que o Alcalde e o Goberno Municipal asuman as súas responsabilidades e expliquen a súa nefasta xestión aos veciños”.

 

Convocatoria da Comisión de Contas

Os socialistas esixirán ao Alcalde que, no estrito cumprimento das súas obrigas, convoque con carácter inmediato e nun prazo non superior á finalización do mes de outubro a Comisión de Contas para ditaminar a Conta Xeral do Concello de Antas de Ulla correspondente á anualidade 2017, e deste xeito, poida ser sometida á aprobación do Pleno da Corporación.

 

Respectar e cumprir a lei

O PSOE de Antas de Ulla presentará unha proposta no Pleno Extraordinario instando ao Alcalde a que respecte os acordos adoptados na cámara e que convoque, tal e como está estipulado, un Pleno Ordinario cada 3 meses e unha Xunta de Goberno cada mes. “Con esta moción o que queremos dende o Partido Socialista é que se cumpra a lei e que o noso Concello teña actividade política para poder sacar proxectos adiante que redunden na mellora de infraestruturas e servizos sociais para os nosos veciños” subliñou García Porto.

Que che pareceu o artigo ?