Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Executiva Provincial do PSOE celebrou este martes en Becerreá a asemblea na que os militantes decidiron a nova dirección do partido no municipio. A Executiva Local da Agrupación Municipal Socialista de Becerreá está formada polo Secretario Xeral, Carlos Pereira; a Secretaria de Organización, Ana Isabel Rubinos; e o Secretario Municipal, Hipólito Santín.

 

A voceira do PSOE en Becerreá e actual Secretaria de organización destacou que “os veciños necesitan un Partido Socialista forte e cohesionado que ofreza unha alternativa, un proxecto de futuro comprometido co medio rural e coa dinamización das parroquias, que leve a cabo iniciativas que melloren a calidade de vida dos nosos cidadáns. Un PSOE centrado en desenvolver políticas sociais que redunden no benestar dos becerrenses e non en intereses persoais. Os socialistas comezamos unha nova etapa chea de ilusión no Concello de Becerreá, na que traballaremos de cara a obter un bo resultado nas próximas eleccións municipais. Ese é o obxectivo que nos marcamos.”

 

“Temos unha importante responsabilidade como partido de loitar polas necesidades e demandas dos nosos veciños e veciñas, aproveitando as oportunidades que nos ofrece a Montaña para loitar contra o despoboamento. Escoitaremos á veciñanza para presentar propostas construtivas que busquen as solucións aos seus problemas”.

Pola súa parte, o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, que estivo acompañando á nova Executiva, subliñou que “estou moi contento de que o Partido Socialista en Becerreá estea liderado por estes compañeiros. Estou convencido de que farán un gran esforzo co obxectivo de que Becerreá mellore”.

 

*Fotografía de membros da nova Executiva Local xunto o Secretario Xeral e a Secretaria de Organización Provincial.

Que che pareceu o artigo ?