Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O PSOE de Ribadeo reclama ao Alcalde unha solución xa para o problema do servizo de recollida de lixo dos contedores amarelos no municipio. O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, denunciou este martes que “os veciños están fartos de aguantar malos cheiros e ver os contedores e as rúas cheas de desperdicios. Non imos tolerar que se sega xogando coa saúde dos cidadáns e coa imaxe de Ribadeo”.

 

Os socialistas critican que o Goberno do BNG anunciou que acabarían con este problema hai un mes, tras quedar suspendida temporalmente a recollida de cartón porque a empresa concesionaria do servizo non pode asumilo por problemas financeiros. O PSOE critica que o Concello, que era coñecedor desta situación hai 3 meses, non fixo nada. “Pola falta de organización tiveron que  contratar de maneira urxente e excepcional a unha empresa para realizar a recollida selectiva dos contedores amarelos. Pero seguimos igual, porque levan unha semana sen facer o seu traballo, tanto no casco urbano como nas parroquias do rural”.

 

Fernández Murias reprobou a actitude do Alcalde “pois o problema persiste, nun servizo tan importante para o Concello, que pagamos todos os veciños e que non se está a cumprir. O deixamento e o total abandono do BNG está a prexudicar gravemente aos ribadenses. Dende o Partido Socialistas instamos ao goberno municipal a que se responsabilice e asuma o control do Concello. Isto non pode continuar así.”

Que che pareceu o artigo ?