Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Secretaria de Acción Política e Deputada e Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, acompañada de representantes da Asociación querENDO, Andrea López e Carmen Baamonde, presentou este luns a moción que o Partido Socialista levará ao Pleno Provincial sobre a mellora na atención a mulleres con endometriose e a divulgación da doenza.

 

Trátase dunha enfermidade crónica que afecta a 1 de cada 10 mulleres e que consiste no crecemento benigno do tecido endometrial fora do útero, na gran maioría dos casos no peritoneo pélvico e os ovarios, pero que pode afectar máis alá dos órganos reprodutores. A día de hoxe se descoñecen as causas que a provocan e os tratamentos máis adecuados.

 

Neste eido, López izquierdo destacou a gran falta de información sobre a endometriose que ven dada “pola ausencia de formulacións de xénero na sanidade pública e polo seu desmantelamento por parte do PP, que impide aos profesionais desenvolver un traballo adecuado”.

 

Formación, consultas e unha Unidade Multidisciplinar

Os socialistas solicitan ao SERGAS e á EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos que estableza unhas xornadas de formación para os profesionais, garantir consultas específicas e crear a Unidade Multidisciplinar composta por especialistas para mellorar a atencións dos casos máis graves.

 

A Secretaria de Acción Política subliñou que “dende o PSOE cremos fundamental a formación do persoal sanitario no seu correcto e cedo diagnóstico, ofrecer consultas específicas para un axeitado tratamento e crear unha Unidade multidisciplinar en Galicia, pois estímase que 60.000 galegas padecen esta doenza da que o principal problema é a falta de diagnose”.

 

Cumprir os acordos e facilitar o acceso a tratamentos de fertilidade

“Con esta proposta os socialistas queremos dar o primeiro paso dunha aposta que nos leve a resolver esta situación insostible con respecto á endometriose. Esiximos ao Partido Popular que retorne á postura do 2015 cando votou a favor dunha proposta que xa avanzaba nestes asuntos e non á presente, rexeitando ratificar dito acordo”.

 

Os socialistas solicitan á Xunta de Galicia que facilite ás mulleres con endometriose o acceso a tratamentos de fertilidade nos hospitais públicos, como por exemplo melloras nas listas de espera, facilidade para a conxelación de ovocitos antes de cirurxías e tratamentos que poidan afectar a súa calidade ovárica…

 

Plan estatal de endometriose e máis financiamento

Os socialistas pedirán ao Ministerio de Sanidade a convocatoria dun Consello interterritorial para que estableza un plan estatal de endometriose no que se comprometan máis investimentos para a mellora de formación do persoal e a divulgación da doenza entre a poboación feminina.

Que che pareceu o artigo ?