Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O PSOE de Monterroso celebrou a asemblea de militantes para elixir a nova dirección do Partido Socialista no municipio, liderada polo Secretario Xeral, Rafael García.

 

A actual Executiva Local da Agrupación Municipal Socialista de Monterroso está formada polo Presidente, Jesús Vázquez; o Secretario Xeral, Rafael García; o Secretario de Organización, David Rodríguez; a Secretaria de Benestar Social, Mª Paz Requejo; a Secretaria Executiva Adxunta de Benestar, Begoña Gómez; a Secretaria de Igualdade, María Carmen Gómez; o Secretario de Medio Rural, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Fernando Otero; o Secretario de Finanzas, Mobilización e Actos, José Luís Vázquez; e o Secretario de Política Municipal e voceiro, Darío Rodríguez.

 

O novo secretario xeral dos socialistas en Monterroso e Secretario de Coordinación da Comarca do Suroeste agradeceu o apoio dos seus compañeiros e apuntou que “asumimos este novo reto con responsabilidade, sendo conscientes de que temos moito traballo por diante. A primeira encomenda que ten este equipo é convocar a asemblea para que a militancia elixa ao mellor candidato á alcaldía de Monterroso para saír a gañar as próximas eleccións municipais”.

 

Rafael García destacou que “imos a traballar coa máxima ilusión, co fin de acadar un proxecto de cambio e de progreso, defendendo sempre o diálogo, a transparencia e a participación, coa preocupación posta en atender as necesidades dos monterrosinos. Iso é o prioritario. Os problemas que de verdade importan aos cidadáns, como contar cun bo saneamento e traídas de auga, unhas boas estradas e camiños, alumeado municipal ou atención profesional aos maiores, entre outras prestacións”.

 

“Queremos deseñar un programa con políticas sociais que aproveiten as oportunidades económicas que ofrece a comarca, defendendo sempre o rural e fixándonos nas melloras que precisa o Concello de Monterroso”.

 

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, que estivo presente na celebración da asemblea, subliñou que “o Partido Socialista de Monterroso terá todo o respaldo do PSOE Provincial. Con esta nova dirección temos a total garantía de ofrecer aos veciños de Monterroso un proxecto sólido, próximo aos veciños e que mire polo seu benestar. Porque si ao PSOE lle vai ben, aos monterrosinos lles vai ben”.

Que che pareceu o artigo ?