Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario de Política Municipal e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a proposta do PSOE na Deputación para retirar as modificacións que o PP, a través da Lei de Acompañamento, quere realizar sobre dez artigos da lei de montes, aprobada no ano 2012.

 

Fernández Queipo criticou que “estas medidas que quere implantar o PP no goberno autonómico lévanos ao de sempre, ao prexuízo dos usuarios e a favorecer a liberdade da Xunta para tomar as decisións que eles queiran. Os socialistas queremos que as persoas poidan seguir vivindo no medio rural e para iso, é necesario desenvolver iniciativas que favorezan que a xente dispoña de poder adquisitivo para gastar nese medio e non impoñer medidas que van en contra dos seus propios intereses”.

 

“Dende o Partido Socialista entendemos que as modificacións lexislativas que afectan á xestión do territorio, e sobre todo á xestión dos nosos montes, deben ser máis sensibles e próximas ás opinións dos propietarios e axentes afectados, para o cal deben de estar acompañadas de procesos participativos para crear estruturas normativas coherentes coa realidade”.

 

Modificacións da lei de Montes polo PP

Os socialistas denuncian que o PP na Xunta de Galicia pretende modificar basicamente 4 aspectos da Lei de Montes.  Son os seguintes:

 

– Fernández Queipo criticou que “o Partido Popular sostén que favorecerá especies que están diminuíndo en presenza nos últimos anos como é o xénero pinus. Sen embargo con esta nova lei os usuarios non poderán plantar pinos en zonas frondosas que previamente estaban plantadas de pino, co que non teremos pino cando é fundamental para a sustentabilidade do sector forestal”.

 

– Os socialistas denuncian que as modificacións afectan á retirada da biomasa forestal residual despois dunha corta de madeira (ramas, follas e trozas de madeira non comerciais) a cal supón, xunto coas raíces, preto dun 70% dos nutrientes do monte (a súa extracción implica a perda de solo), engadindo a maiores un prazo de 15 días para a súa retirada ou trituración. “É unha medida moi pouco económica, que empobrecerá o chán do monte” engadiu Fernández.

 

– Preténdese prohibir a plantación de determinadas especies forestais, a través dos plans de ordenación forestal no seu ámbito territorial. O PSOE critica que esta medida afecta a propiedades privadas, favorecendo a implantación do eucalipto.

 

– “Tamén se ven influenciados os cambios de uso forestal, que limitarán moitos aos particulares, porque o Consello da Xunta poderá autorizalos sen demasiadas dificultades”.

 

Que che pareceu o artigo ?