Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Partido Socialista de As Nogais celebrou unha asemblea extraordinaria de militantes para escoller ao candidato socialista ás vindeiras eleccións municipais. Foi elixido por aclamación a única candidatura presentada na reunión, a de Alfredo Guiu Valle, o actual voceiro do Partido Socialista no Concello. Este veciño de As Nogais e Secretario de Coordinación da Comarca da Montaña, encabezará por segunda vez a lista do partido neste municipio.

 

O flamante candidato do PSOE para a alcaldía de As Nogais agradeceu o apoio e a confianza dos seus compañeiros e avanzou que “a partir de hoxe traballaremos coa máxima ilusión para definir a lista máis axeitada dos socialistas para as próximas eleccións municipais, que representará ao conxunto da sociedade de As Nogais”.

 

Alfredo Guiu destacou que “imos presentar un proxecto realista, sumamente social e de progreso, tendo en conta as características da Montaña e as necesidades dos nosos veciños e veciñas. Queremos para As Nogais mellores prestacións e servizos básicos para poder vivir con dignidade no rural, queremos un mellor transporte público, que os nosos camiños e accesos ás casas estean acondicionados, renovar as traídas de auga, xerar novos empregos e impulsar a economía da nosa vila a través do turismo, a cultura e o deporte”.

 

“Imos a escoitar as demandas dos nosos cidadáns co obxectivo de desenvolver políticas que melloren a súa calidade de vida e que dean solucións aos problemas que teñen debido ao desgoberno do PP no Concello”.

 

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, felicitou ao candidato e trasladoulle a confianza que o partido a nivel provincial ten na súa persoa. “O Partido Socialista vai ser a alternativa para liderar o cambio de rumbo que necesita As Nogais e que piden os veciños e veciñas”.

Que che pareceu o artigo ?