Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas de Becerreá denuncian que o Alcalde fai pagar ás 3 profesionais que prestan o servizo de Axuda no Fogar Básico todos os custos de desprazamento ás vivendas dos usuariosque atenden –dende o combustible, amortizacióne mantemento dos seus propios vehículos, que son os que empregan-, cando podería non facelo. Pois o Goberno Provincial do PSOE na Deputación ofrece a todos os Concellos a posibilidade de asumir estes custos coa partida provincial que lles concede para esta prestación social, dándolles ademais total autonomía municipal para incrementala no marco do Plan Único. A voceira municipal do PSOE, Ana Rubinos, apuntou que “mentres fai pagar ás traballadoras municipais uns 200 euros mensuais das súas propias nóminas, que oscilanos 850 euros netos ao mes, el atribúese cuantiosos salarios públicos, que en total superar os 163.000 euros. Con axuda do PP ten aprobado un soldo de SUPLUSA de case 72.000 euros e outro da Deputación de máis de 50.000 euros. No Concello ten outro, que é o que cobra, de 40.800 euros”.

 

“Non nos parece nin xusto, nin ético, nin moralque por capricho teña así ás auxiliares de Axuda no Fogar. Ocupa un cargo público para atender os intereses do público, dos nosos veciños, e non os seus persoais. Pedinlle hai tempo que dese solución á situación destas traballadoras e negouse, dicindo, textualmente: que vayan al sindicato”,

 

Agravio comparativo co SAF para dependente

Ana Rubinos explicou ademais o agravio comparativo coas traballadoras do servizo de Axuda no Fogar que atenden a  dependentes eque en Becerreá está xestionado por unha empresa privada. Esta aprobou o pasado mes de outubro en concepto de “gasto de locomoción” 0,19 céntimos por quilómetro. “Polo tanto, as traballadoras que prestan o servizo de Axuda no Fogar Básico, son as únicas traballadoras do Concello que se atopan nesta situación. Recorren unha media de 700 quilómetros ao mes, supoñéndolles un gasto do redor de 200 euros, que pagan das súas nóminas, facendo peripecias para chegar a fin de mes”

 

“As políticas sociais demóstranse con feitos. Non vale só con aparentar. Dende o PSOE imos a defender os dereitos dos traballadores, empregos e salarios dignos”, subliñou.

Que che pareceu o artigo ?