Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, a Presidenta do partido e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, os Deputados no Parlamento Galego pola Provincia de Lugo, Luis Álvarez e Concepción Burgo, e a Secretaria Xeral de Lugo, Ana González, avanzaron este sábado que “acarrolarán” ao goberno galego do PP na Xunta de GALICIA ata que rematen a Rolda Leste. Trátase dun proxecto que o Partido Socialista, xunto aos seus veciños na provincia de Lugo, levan esixindo ao Partido Popular dende o 2009 sen que nada se fixese aínda todas as demandas realizadas durante todo este tempo.

 

Santos Ramos destacou que “imos a acorralar ao goberno da Xunta ata conseguir que se remate a Rolda Leste, unha vía de comunicación fundamental para dar unha solución de mobilidade aos lucenses da contorna da cidade de Lugo e aos propios da capital. Coa construción do HULA, o Goberno do PSOE na Xunta deixou desenvolto o tramo que vai dende a estrada de Ribadeo ata a estrada de Fonsagrada. Quedan pendentes apenas 6 quilómetros que van dende a estrada da Fonsagrada ata a Tolda de Castela, que darían saída aos máis de 4.600 vehículos, que hoxe pasan pola estrada do Rato, agardando a que o PP cumpra coas súas obrigas. Foi o Partido Socialista quen deixou comprometida a Rolda Leste e foi o PP a que a sacou dos orzamentos do estado no 2013, despois de ter 17 millóns prometidos de investimentos que nunca realizaron. Por este motivo, imos a iniciar unha serie de accións políticas para acorralalos e para obrigalos a que cumpran cos lucenses”.

 

Lara Méndez subliñou que “xa non estamos pedindo obras novas, xa non pedimos maior inversión, o único que estamos pedindo é que finalicen o iniciado. Para a Xunta do PP Lugo non existe. O que lle queremos recordar é que somos case 100.000 veciños, que temos os nosos dereitos e que queremos que conclúan unha rolda imprescindible para aliviar o tráfico e impulsar o cinto verde da cidade. Como é costume no Partido Popular, desapareceu misteriosamente o proxecto no 2013 dos orzamentos e nunca máis soubemos del. É moi triste que teñamos que estar aquí esixindo que finalicen os proxectos iniciados polo Partido Socialista”.    

 

Luís Álvarez apuntou que “dende o PSOE seguiremos reivindicando permanentemente o cumprimento deses compromisos con Lugo, non porque queiramos ter distintas cosas aos demais, se non o que non queremos é ter menos, queremos ser iguais.  Por iso, no Parlamento Galego imos a impulsar unha batería de iniciativas para que se leve a cabo este tramo que falta por concluír da Rolda Leste, un proxecto que se non chega a ser polo Goberno de Touriño, nin existiría”.

 

O PSOE comprometeu 28 millóns para a Rolda Leste

O Goberno socialista de Touriño na Xunta cuantificou as obras da Rolda Leste, cun total de 5,3 quilómetros, en 28 millóns de euros para que esta estrada tivese características semellantes a unha autovía, como 2 carrís en cada sentido de 3,5 metros cada un ou unha mediana de 2 metros, entre outras particularidades.

 

O PSOE dividiu o proxecto de construción da Rolda Leste en dúas fases. Na primeira, que vai dende a N-640 á LU-530, treito delimitado polas estradas de Vegadeo á Fonsagrada, o PSOE executou 9,9 millóns deste tramo de 2,36 quilómetros. A continuación, o Partido Socialista deixou lista a licitación do proxecto construtivo da segunda fase, o treito dende a estrada da Fonsagrada á Tolda de Castela. De feito,este publicouse no BOE do 23/12/09, baixo o nome de “Contrato de servizos para a realización do proxecto do trazado e construción da obra: ronda Este de Lugo, treito II: LU-530 – N-VI” e cun orzamento de 285.280 euros.

 

O PP eliminou este proxecto para os lucenses

Dende que chegou o Partido Popular de Feijóo á Xunta de Galicia, a mediados do 2009, os populares prometeron máis de 17 millóns de euros para a segunda fase da Rolda Leste que nunca executaron. A continuación desagréganse as partidas orzamentarias que o PP recollía nos presupostos:

 

Orzamento 2010.- Un total de 8.600.000 euros.

 

2010 2011 2012 2013 e seguintes
500.000 2.000.000 4.100.000 2.000.000

 

Orzamento 2011.- 0 euros.

 

Orzamento 2012.- Un total de  8.875.500 euros.

 

2012 2013 2014 2015 e seguintes
20.000 1.500.000 3.000.000 4.355.500

 

Dende o 2013 ao 2019, nestes 7 anos, o PP non incluíu ningunha partida nos orzamentos autonómicos para a segunda fase da Rolda Leste. O Partido Popular nunca executou partida algunha e tampouco se soubo nada do proxecto publicado no BOE por valor 28 millóns.  

Que che pareceu o artigo ?