Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas de Carballedo esixen á Xunta de Galicia que “reabra o centro de saúde de Castro, que o Goberno galego do PP pechou nos pasados días, quitándollo de súpeto a máis de 400 familias, obrigándolles agora a trasladarse á Barrela, cando nin tan sequera contan con transporte público axeitado para acudir ao mesmo”.

 

Así o apuntou a voceira do PSOE neste municipio. Isabel González Blanco explicou que “presentamos unha moción o pasado xoves no Concello e toda a Corporación, integrada por formacións de todas as cores políticas, apoiou esta reclamación veciñal. Sen embargo, ao día seguinte, o PP dende a Xunta de Galicia pechou o centro.”

 

“Non imos a quedarnos quedos. Os veciños necesitan o seu centro de saúde. Mañá no Pleno da Deputación, defenderemos de novo esta reivindicación”. A voceira adiantou que os seus compañeiros no Grupo Provincial Socialista presentarán unha moción de urxencia ao Pleno da Deputación deste martes.

 

Esta proposta xa conta co apoio explícito do BNG. Ambos os dous partidos defenderán a súa urxencia para que a sesión plenaria debata este asunto “de máxima necesidade para os veciños de Carballedo”, buscando o apoio da Corporación Provincial para que saía adiante.

 

“É preciso facer toda a presión institucional e veciñal posible para que a Xunta de Galicia reconsidere a súa postura, deixe de actuar por imposición, -sen ter en conta ás necesidades dos veciños de Carballedo-, de mentir e de facer que a nosa sanidade pública cada vez nos sexa máis cara e estea máis lonxe dos cidadáns en todos os sentidos”, remarcou.

 

González Blanco explicou que o peche do centro de saúde de Castro obriga aos máis de 400 veciños desta zona a trasladarse en taxi ata A Barrela, pois “o  PP tamén nos ofrece un servizo de transporte público totalmente deficitario”, provocándolles novos gastos, cando na súa grande maioría son maiores que contan con pensións duns 600 euros.

 

Moción conxunta na Deputación

A moción que PSOE e BNG presentarán conxuntamente ao Pleno da Deputación de mañá recolle os seguintes puntos:

 

– Instar ao Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia a reverter a decisión tomada con respecto ao Centro de Saúde de Castro e proceda a reabrilo de forma inmediata.

 

– Instar ao goberno galego a que manteña os mesmos servizos cos que conta Carballedo na actualidade: Centro de Saúde da Barrela e Centro de Saúde de Castro, cos seus respectivos facultativos e demais persoal.

Que che pareceu o artigo ?