Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Agrupación Municipal Socialista de Monterroso criticou este mércores a total inoperancia do goberno de INTA. Fixérono tras as declaracións do Alcalde de Monterroso en varios medios de comunicación poñendo en valor a xestión política durante esta lexislatura no Concello. Neste eido, os socialistas critican varias afirmacións que fixo o Rexedor e que non se corresponden coa realidade:

 

  1. “Aprobación do Plan de Protección do Casco Histórico”: O PSOE de Monterroso censura que o señor Rico venda como un logro seu a aprobación deste plan cando no seu programa electoral do 2015 facía a promesa de retirar dito proxecto.

 

  1. “Baixada xeneralizada de impostos”: O único que fixo o goberno de INTA foi unha modificación do IBI ao 0,6% logo de que o executivo de Rajoy o subise vía decreto lei, cando anteriormente estaba fixado no 0,44%. Unha vez finalizado ese período, o Alcalde o deixou en 0,5% en vez do o,44%, é dicir, subiu o IBI en vez de baixalo.

 

  1. “Ampliación da vivenda comunitaria”: O Alcalde de Monterroso só tivo que executar as obras do convenio asinado entre o goberno socialista anterior e a Deputación de Lugo, apuntándose o tanto de todo o traballo feito anteriormente polo PSOE. Foron os socialistas no Goberno Provincial os que destinaron máis de 300.000 euros para o equipamento da residencia de maiores e para a rehabilitación do edificio anexo, dando capacidade para 25 prazas de residencia, das cales 6 son para persoas dependentes. A agrupación critica que INTA o único que fixo foi precarizar os servizos sociais, reducindo o número de maiores que reciben estas prestacións, cando o 32% da poboación do Concello supera os 64 anos de idade.

 

  1. “Potenciación do polígono industrial”: O PSOE de Monterroso denuncia que as actuacións que desenvolveu o goberno de INTA nos accesos do polígono industrial dificultan a mobilidade, con numerosas queixas por parte dos veciños, ao só ter vías dun único acceso.

 

  1. “Revisión do prezo da auga e mellora na rede de saneamento”. O Alcalde aínda non fixo ningunha revisión en relación ao prezo da auga no municipio. En canto a rede de saneamento, despois de 3 anos e medios de lexislatura a rede de saneamento sigue exactamente igual. Os socialistas destacaron que foi o anterior goberno socialista o que adquiriu os terreos para a ampliación da depuradora municipal e o que puxo á disposición de Augas de Galicia para a elaboración dun proxecto de EDAR. Dende entón non se avanzou nada máis nesta iniciativa, cando na actualidade existen moitos problemas porque a depuradora non é capaz de asumir os residuos da totalidade da poboación. Neste eido, os Deputados no Parlamento Galego recolleron esta dotación nas emendas presentadas aos orzamentos do PP para o 2019.

Que che pareceu o artigo ?