Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Militantes do partido en Lemos mantiveron este sábado un encontro comarcal en Monforte para poñer en común as principais demandas dos veciños dos Concellos da zona, que o Partido Popular na Xunta de Galicia non atende dende hai unha década. Fixérono de cara a elaboración de emendas ao Orzamento autonómico para 2019.O Vicesecretario Provincial Socialista, José Tome Roca, apuntou que “nas contas para o vindeira ano, o PP só incluíu 3 partidas económicas para Lemos, que son practicamente as mesmas doutras anualidades que nunca executou. Creo que isto evidencia o desprezo do PP aos nosos veciños e o abandono ao que teñen sometido a nosa Comarca”.

 

Os socialistas reclaman ao Executivo autonómico do PP que cumpran dunha vez por todas con máis dunha quincena de peticións veciñais ás que non responde dende hai anos e anos, aínda terse comprometido coas mesmas de xeito público nalgúns casos.

 

Bóveda:

– Dotación dunha depuradora para mellorar o saneamento.

– Iniciar o proxecto de construción duncentro de día.

 

Folgoso do Courel:

– Mellorar a LU-651 de Folgoso a Seoane. Trátase dun treito de 13 quilómetros. O PP leva anos incluíndo partidas para estes traballos que se executaron.

 

Monforte de Lemos:

– Máis fondos para o acceso ao Porto Seco. Para 2019, volve a figurar a partida de 750.000 euros que xa non se executou en outras anualidades.

– Fondos para mellorar as instalacións e dotar dos servizos necesarios ao Hospital de Monforte de Lemos. Esta petición veciñal esténdese por toda a Comarca de Lemos.

 

Pantón:

– Dotación dunha residencia para maiores comprometida dende hai anos.

– Dotar dun acceso dende a capitalidade á VAC Lalín-Monforte.

– Adquisición e rehabilitación integral para vivendas de turismo rural do poboado da Chaira.

 

A Pobra do Brollón:

– Acondicionamento da LU-933 da Pobra do Brollón a Monforte de Lemos

– Acondicionamento da LU-653 da Pobra do Brollón ao Incio.Os socialistas conseguiron a unanimidade no Pleno municipal para que a Xunta mellore ambas as dúas vías, pero nada fixo.

 

Quiroga:

– Arranxo integral da LU-120 ao seu paso por Quiroga. Actualmente presenta moitas deficiencias con fochancas e desniveis.

 

O Saviñao:

– Arranxo da LU-611 de Currelos a Rubián. Trátase dunha vía moi importante pois enlaza co corredor de Monforte de Lemos.

– Rede de abastecemento a varias parroquias.

– Rehabilitación da capela de Guadalupe na parroquia San Victorio de Ribas de Miño.

 

Sober:

– Saneamento integral das 21 parroquias, pois hai moitos problemas coa calidade da auga.

 

Ribas de Sil:

Dotar de liñas de autobús que conecten con Monforte, Lugo e Santiago.

Que che pareceu o artigo ?