Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Tras o encontro comarcal, no que os socialistas do Suroeste da provincia denunciaron que o PP volvía a discriminar aos veciños de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Taboada, pois, un ano máis, os populares deixan á zona sen practicamente ningún investimento público do Orzamento da Xunta para 2019; o PSOE presentan emendas, esixindo 2,3 millóns en resposta ás principais demandas veciñais desta zona, que o PP leva case unha década sen atender; pois nada fixo polos veciños desta Comarca máis que falsos anuncios.

 

Palas de Rei

É exemplo disto a LU-231 Friol-Palas de Rei cuxa reforma integral é xa unha débeda histórica do PP cos veciños. O goberno galego do Partido Popular incluíu no Orzamento de 2016 unha partida de 120.000 euros; outras de 120.000 no 2017 e de 620.000 no 2018. Suman un total de 860.000 euros prometidos pero nunca executados. Para 2019, o PP destinou 750.000 euros. Os socialistas esixen o inicio inmediato desta actuación e un investimento de 1,3 millóns cando menos no 2019.

 

Monterroso

Os socialistas esixen 450.000 euros do novo Orzamento da Xunta para mellorar o saneamento e ampliar a depuradora de Monterroso. Na actualidade, seguen a existir parroquias deste Concello sen saneamento, pois o PP no goberno galego négase a facelo dende 2009. Foi o PSOE na presidencia da Xunta o que dotou de saneamento aos veciños de Monterroso, proxecto que non quixeron continuar os populares. Os socialistas no Goberno municipal adquiriron os terreos e redactaron o proxecto para ampliar a depuradora. Todo isto está listo dende 2011. O PP na Xunta rexeita colaborar.

 

Chantada

Os socialistas demandan 300.000 euros para mellorar as infraestruturas do polígono deste Concello, pois hai continuos cortes de luz en detrimento da actividade dos profesionais instalados nesta área industrial. Tamén piden 75.000 euros para o proxecto dunha nova depuradora, pois hai continuos vertidos ao río Asma dende 2007.

 

Antas de Ulla

O PSOE reclama 200.000 euros para a segunda planta da residencia para maiores e un centro de día no municipio. Son tamén demandas históricas, sempre prometidas polo PP na Xunta e no Concello, nunca feitas.  

Que che pareceu o artigo ?