fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas no Goberno da Deputación fan posible que os veciños de Antas de Ulla conten cun novo camión de recollida de lixo despois de que o PP na Xunta de Galicia retire a súa colaboración. O PSOE no Executivo Provincial destina 135.000 euros para a adquisición do vehículo e o Concello achega outros 3.000. A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, criticou que os populares no goberno galego perdan a confianza no rexedor de Antas de Ulla, xa que se contaba cunha aportación económica de 28.000 euros para esta dotación pública e que, “lamentablemente se perde esta inversión da Xunta de”. Sobreeste asunto pronunciaranse no Pleno Municipal, onde segundo manifestan, “pediremos as aclaracións oportunas ao Alcalde, queremos saber qué motivou á Xunta de Galicia para retirar esta axuda”.

 

García Porto destacou que “os socialistas tratamos de garantir servizos importantes para os veciños, tales como a recollida de lixo, materializando investimentos reais en Antas de Ulla, cubrindo unha necesidade básica e unha vella demanda. Tiñamos un servizo moi deficitario porque o vehículo era moi vello, provocando numerosas avarías que tiña que pagar o Concello, e que chegaban a supoñer desembolsos de ata 3.000 euros mensuais.  Dende hai tempo, a recollida de lixo se está facendo cun camión en préstamo. A partir de agora, os cidadáns teremos o servizo público municipal que merecemos e polo que pagamos relixiosamente arredor de 60.000 euros ao ano””.

 

“Agradecer ao Goberno da Deputación o seu compromiso por estar ao carón necesidades máis básicas e ofrecer solucións aos problemas dos veciños de Antas de Ulla. É lamentable que a Xunta de Galicia, cun orzamento 3.000 veces superior, non achegue nin un só euro á compra do camión, cando é coñecedora da importancia que ten esta dotación para o noso Concello. Pero que se pode agardar de quen financia obras faraónicas neste concello e esquece as necesidades básicas dos veciños”

 

A voceira socialista confía en que o Alcalde “non tarde moito en comprar o novo camión, posto que xa sabe o modelo e a marca, para poñer canto antes a disposición dos veciños este servizo”.

 

Garantir unha mellora da prestación

O PSOE de Antas de Ulla agarda que os preto de 60.000 euros que ingresa o Concello cada ano dos recibos que lle cobra aos veciños reverta directamente, tal e como indica a lei, no propio servizo. Os socialistas esixen máis contedores no municipio, sobre todo nos núcleos rurais; mellor accesibilidade aos mesmos e limpalos e desinfectalos con maior periodicidade. “O goberno municipal ten que garantir aos veciños e veciñas un servizo de recollida e limpeza de lixo axeitado, pois vai repercutir na vida diaria dos veciños”.

Que che pareceu o artigo ?