Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Foto dun Encontro Comarcal con militantes no que participaron o Secretario Xeral e o Deputado no parlamento galego

Trátase do total de investimentos que o PSOE presentou como emendas aos orzamentos do goberno galego para o 2019 e que foron todas rexeitas polos populares. Os proxectos demandados naceron dos Encontros Comarcais con militantes organizados polo PSOE Provincial para coñecer as principais demandas veciñais

– Santos Ramos lamentou a negativa do Partido Popular ás iniciativas dos socialistas e subliñou que “unha vez máis, o PP dille non á provincia de Lugo, agora dende a Xunta de Galicia, rexeitando 85 proxectos que foron iniciados hai más de 10 anos, polo tanto que o Partido Popular leva bloqueando unha década. O goberno de Feijóo aprobou uns orzamentos que di, en maiúsculas, non aos 300.000 veciños e veciñas de Lugo”

– Luis Álvarez explicou que “demandabamos infraestruturas sanitarias, abastecementos de auga, construción de estradas, melloras nas instalacións educativas… e nada tivo o voto positivo do PP. Este período de alegacións é un fraude absoluto”

Lugo, 20 de decembro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Deputado do PSOE no parlamento galego pola provincia, Luis Álvarez, criticaron que o PP negue 28 millóns de euros aos lucenses para 85 actuacións na provincia. Trátase do total de investimentos que os socialistas presentaron como emendas aos orzamentos do goberno galego para o 2019 e que foron todas rexeitadas polos populares. Os proxectos demandados naceron dos Encontros Comarcais con militantes organizados polo PSOE Provincial para coñecer as principais demandas veciñais de cada zona e incluílas nos presupostos do vindeiro ano.

Santos Ramos lamentou a negativa do Partido Popular ás iniciativas dos socialistas e subliñou que “unha vez máis, o PP dille non á provincia de Lugo, agora dende a Xunta de Galicia, rexeitando as emendas presentadas polo PSOE para impulsar 85 proxectos que foron iniciados hai más de 10 anos, polo tanto que o Partido Popular leva bloqueando unha década e que significaban un investimento de 28 millóns de euros. O goberno de Feijóo aprobou uns orzamentos que di, en maiúsculas, non aos 300.000 veciños e veciñas que vivimos na provincia de Lugo”.

“Outra vez o PP demostra o seu nulo compromiso con Lugo. É unha pena que o goberno de Feijóo non teña en conta nin tan sequera un dos proxectos que reclaman os veciños. Xa levamos unha década aguantando este trato desigual e pernicioso por parte do PP contra a nosa provincia e non o imos permitir. Dende o Partido Socialista seguiremos reivindicando permanentemente estas demandas que cremos de xustiza para os lucenses”.

 

Luis Álvarez explicou que “os socialistas non pedíamos nada que supuxera un tratamento a favor da provincia, simplemente queríamos igualdade que o resto do territorio. O Partido Popular considera que ten un celeiro de votos na provincia de Lugo polo tanto non ten que facer absolutamente nada. Dende o PSOE demandabamos infraestruturas sanitarias, abastecementos de auga, construción de estradas, melloras nas instalacións educativas, entre outras moitas, e nada tivo o voto positivo do PP. Por iso, consideramos que este período de alegacións é un fraude absoluto, pois non sirve de nada. Os socialistas estamos defraudados pero non sorprendidos porque esta é a dinámica do PP coa provincia de Lugo”.

 

85 emendas rexeitadas polo PP

Os socialistas presentaron no parlamento galego un total de 85 emendas por valor de 28 millóns de euros. Son as seguintes:

Actuación Investimento
Mellora pavillón deportivo, en Lourenzá 50.000€
Mellora pavillón deportivo, en Burela 50.000€
Campo de fútbol, en Ribadeo 250.000€
Pista de padel e grada, en Trabada 115.000€
Limpeza e recuperación río Masma, en Barreiros 100.000€
Limpeza e recuperación de ríos, en Alfoz 100.000€
Humanización praza Santa María e contorna, en Vilalba 500.000€
Rehabilitación barrio da Tinería, en Lugo 1.000.000€
Porto Seco de Monforte de Lemos 1.050.000€
Arranxo da LU-170, en Baralla 300.000€
Arranxo da LU-636, en Becerreá 250.000€
Arranxo da LU-530, en Castroverde 250.000€
Arranxo da LU-521, en O Corgo 250.000€
Arranxo da LU-651, en Folgoso do Courel 1.000.000€
Arranxo da LU-740, na Fonsagrada 250.000€
Muro de contención na LU-151, en Foz 60.000€
Accesos Pobra de San Xiao, en Láncara 400.000€
Arranxo da LU-622, en Láncara 250.000€
Arranxo da LU-162, en Lourenzá 250.000€
Continuación Rolda Leste, en Lugo 1.500.000€
Accesos Porto Seco, en Monforte de Lemos 1.200.000€
Desdobre estrada Monforte-Chantada 300.000€
Acceso á LU-540, en Muras 200.000€
Arranxo da LU-722, en Navia de Suarna 600.000€
Rotondas na LU-540, en Ourol 75.000€
Arranxo da LU-231, en Palas de Rei 1.300.000€
Arranxo da LU-721, na Fonsagrada 250.000€
Enlace VAP Lalín-Monforte de Lemos 500.000€
Arranxo da LU-653, na Pobra do Brollón 250.000€
Arranxo da LU-933, na Pobra do Brollón 250.000€
Arranxo da LU-760, en Pol 250.000€
Arranxo da LU-611, no Saviñao 300.000€
Mellora de acceso á LU-132, en Trabada 276.000€
Arranxo da LU-161, no Valadouro 800.000€
Arranxo da LU-170, en Xermade 250.000€
Melloras no Polígono Industrial de Chantada 300.000€
Fomento do emprego, en Lugo 2.500.000€
Remate pasarela, en Barreiros 18.000€
Reforma integral Colexio Virxe do Carmen, en Burela 300.000€
Mobiliario e cuberta Colexio Juan Rei, en Lourenzá 70.000€
Arranxo patios CEIP Virxe da Luz, en Portomarín 40.000€
Dotación parque infantil CEIP Celso Currás, en Trabada 25.000€
Restauración Santuario de Guadalupe, no Saviñao 200.000€
Museo da Romanización, en Lugo (1ª fase) 600.000€
Rehabilitación antiga escola, en Trabada 100.000€
Creación de rutas e potenciación turismo, no Corgo 350.000€
Accesos e aparcadoiro, en Ribas de Sil 200.000€
Rehabilitación casa medieval da Tinería, en Lugo 100.000€
Melloras no Centro de Saúde de Portomarín 100.000€
Melloras no Centro de Saúde e PAC de Meira 200.000€
Impulso Feira de Adai, no Corgo 20.000€
Mellora do matadoiro, en Becerreá 150.000€
Dotación vehículo motobomba, en Trabada 150.000€
Mellora do abastecemento, en Antas de Ulla 600.000€
Nova EDAR, en Bóveda 400.000€
Estudio para a mellora da depuradora, en Chantada 75.000€
Mellora do abastecemento e depuración, no Corgo 450.000€
Mellora do saneamento, en Folgoso do Courel 450.000€
Nova EDAR, na Fonsagrada 450.000€
Potabilizadora para o embalse de San Xoán, en Guitiriz 250.000€
Mellora do abastecemento e depuración, en Monterroso 450.000€
Dotación de traída de auga, en Navia de Suarna 700.000€
Mellora do abastecemento, en Navia de Suarna 300.000€
Mellora do saneamento, no Saviñao 450.000€
Mellora do abastecemento, no Valadouro 300.000€
EDAR, en Sarria 400.000€
Dotación de Centro de Día, en Antas de Ulla 150.000€
Dotación de Centro de Día, en Bóveda 150.000€
Dotación de Centro de Día, en Outeiro de Rei 150.000€
Dotación de Centro de Día, en Baralla 150.000€
Dotación de Centro de Día, en As Nogais 150.000€
Dotación de Centro de Día, na Pastoriza 150.000€
Dotación de Centro de Día, en Friol 100.000€
Dotación de Centro de Día, en Pantón 100.000€
Dotación de Centro de Día, en Ourol 100.000€
Mellora do Centro de Día, en Pedrafita do Cebreiro 150.000€
Dotación escola infantil, en Sarria 200.000€
Dotación escola infantil, en Lugo 200.000€
Dotación escola infantil, en Monforte de Lemos 100.000€
Remate da residencia, en Antas de Ulla 50.000€
Posta en marcha da residencia, en Baleira 100.000€
Mantemento do Centro de Día, en Ribeira de Piquín 30.000€
Ampliación escola infantil, en Foz 100.000€
Arranxo antiga escola infantil, en Paradela 80.000€
Dotación de ascensor na Casa da Xuventude, en Vilalba 36.180€

 

Que che pareceu o artigo ?