fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O PSOE de Monterroso celebrou a asemblea extraordinaria de militantes para decidir o candidato socialista á alcaldía de Monterroso para as próximas eleccións municipais. Foi elixido por aclamación Rafael García, o actual Secretario Xeral da Executiva no Concello e Coordinador da Comarca do Suroeste. Para este veciño de Monterroso, militante dende hai máis de 16 anos,será a primeira vez que encabece unha lista electoral. Actualmente traballa no servizo de emerxencias municipal.

 

O recente candidato agradeceu o apoio dos seus compañeiros e subliñou que “a confianza que puxestes en min vai ser ver traducida en traballo e esforzo para facer de Monterroso un Concello de presente e de futuro. O primeiro paso vai ser elaborar un equipo forte e sólido, que represente ao máximo posible o conxunto da sociedade, para saír a gañas as vindeiras eleccións”.

 

“Imos a deseñar un programa con políticas sumamente socias e que pensen no beneficio dos nosos veciños e veciñas. Queremos aproveitar todas as oportunidades económicas que nos ofrece o noso territorio, defendendo sempre o rural e fixándonos nas melloras que demandan os cidadáns”.

 

“Monterroso está pedindo un cambio e imos ser nós, dende o Partido Socialista, os que lles ofrezamos un proxecto de progreso, con propostas viables, comprometéndonos a solucionar os problemas que de verdade preocupan aos nosos veciños e veciñas, xestionando os recursos públicos para prestar uns bos servizos públicos. Temos que sacar a Monterroso deste retroceso que supuxo o goberno de INTA e para iso traballaremos con toda a ilusión, para darlle ao Concello o impulso que necesita”.

 

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, felicitou ao novo candidato e destacou que “Rafael García ten un proxecto político claro e próximo aos veciños e veciñas, que estou seguro de que o valorarán. Imos a estar á altura do que os monterrosinos merecen”.

Que che pareceu o artigo ?