Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou este martes que “os socialistas constatamos con feitos o inicio do proxecto do primeiro tramo da A-74, a Autovía da Mariña”. Fixo esta afirmación tras publicarse no Boletín Oficial do Estado que o PSOE no Ministerio de Fomento xa redactou o proxecto do trazado Barreiros-Foz cumprindo con todos os condicionantes medioambientais e que agora ábrese un prazo para as alegacións públicas. Os socialistas prevén investir máis de 241 millóns de euros para o primeiro treito de 11,1 quilómetros que vai dende Barreiros, pasando polo Carme, a Foz.

 

Santos Ramos mantivo varias reunións de traballo con compañeiros no Ministerio de Fomento para abordar a situación desta vía e trasladarlles a importancia desta infraestrutura para os veciños da Mariña. Neste eido, agradeceu ao Goberno de Madrid “o seu compromiso por atender as necesidades da provincia de Lugo, impulsando unha vía de comunicación fundamental e dando resposta a unha vella demanda dos mariñáns que durante anos foi rexeitada polo PP no goberno do estado”.

 

“O inicio da execución real da Autovía da Mariña chegou, por fin, da man do Goberno Socialista. Estamos moi satisfeitos porque A Mariña poderá contar cunhas vías de comunicación decentes, que vertebren o seu territorio e dean capacidade de saída e mobilidade aos seus veciños e a toda a capacidade produtiva da zona. Con este investimento, que fixamos como un dos prioritarios, damos resposta ao plantexamento de provincia que queremos”.

 

“Hoxe é un día de ledicia para A Mariña e para toda a provincia. Énchenos de orgullo que o traballo que estamos facendo dende o Partido Socialista se estea traducindo en investimentos e iniciativas reais para os nosos veciños. Dende o PSOE, unha vez máis, falamos con feitos e non enganando á cidadanía con investimentos que nunca se executan. Con estas actuacións resolveremos un problema que levaba moito tempo enquistado na nosa provincia, unha infraestrutura vital para o día a día dos nosos veciños e para o crecemento socioeconómico de toda esta Comarca”, subliñou Santos Ramos.

 

Mellor accesibilidade e seguridade

A autovía da Mariña permitirá dar continuidade á A-8 a través do corredor cantábrico da Mariña, substituíndo no tramo entre Barreiros e San Cibrao á N-642 que asume diariamente máis de 11.000 vehículos. Con esta nova infraestrutura os socialistas mellorarán a accesibilidade, capacidade e seguridade viaria, permitindo dinamizar a economía da provincia.

 

O trazado de máis de 11 quilómetros do primeiro tramo de autovía atravesa os Concellos de Barreiros e Foz. O proxecto do PSOE inclúe a construción de 3 enlaces: a remodelación do actual en Barreiros para interconectar a nova A-74 coa A-8, un semienlace no Carme para unir a A-74 coa LU-152 e un enlace en Foz, que conectará a A-74 coa N-642. O proxecto contempla 8 novos viadutos, un túnel artificial, 5 pasos superiores, 11 pasos inferiores e 5 muros.

 

Rehabilitación integral da N-642

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo destacou que este proxecto engádese á rehabilitación integral xa feita polos socialistas da N-642 con 2,8 millóns de euros. “Cando os socialistas chegamos ao Goberno Central, corroboramos o simple bacheo que o PP tiña previsto facer. Cumprindo cos nosos veciños e como sempre defendemos, fomos capaces de triplicar o investimento aprobado para a N-642, chegando aos 2,8 millóns, que nos permitiron actuar en toda a estrada”

Que che pareceu o artigo ?