fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– A Vicesecretaria Xeral do PSOE e Alcaldesa de Viveiro, xunto a veciños e persoal do centro de saúde, concentráronse diante deste edificio público en protesta pola situación na que o goberno galego do PP mantén a atención primaria e para esixir medidas xa

– Hai 3 médicos polas tardes para atender as consultas e posibles urxencias dos máis de 15.500 veciños de Viveiro e as dos case 3.000 do Vicedo e Ourol, pois este centro é PAC

– 1 único pediatra para 2.000 nenos porque o executivo autonómico do PP recortou os profesionais. Con consulta, as familias agardan ata 5 horas para ser atendidas

– Non cubrir baixas supón contar con 3 médicos menos durante semanas ou que 2 pacientes teñan citas á mesma hora e co mesmo profesional co beneplácito do Sergas

Viveiro, 22 de xaneiro de 2019.- A Vicesecretaría Xeral do PSOE e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse este martes diante deste edificio en protesta pola situación na que a Xunta de Galicia mantén a atención primaria pública neste municipio e para reclamar solucións xa. Pois o goberno galego do Partido Popular négase a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como a de pediatría e nin tan sequera cubre as baixas médicas xustificadas por enfermidade ou vacacións. Todo isto en detrimento das 15.500 familias de Viveiro e das case 3.000 do Vicedo e Ourol cuxo Punto de Atención Continuada é o viveirense.

O feito de non cubrir as baixas médicas (houbo semanas con 3 médicos menos na quenda de mañá) supón que un veciño de Viveiro chegue a agardar ata 10 días por unha consulta, que os médicos atenden a máis de 55 persoas nunha soa mañá ou teñan a 2 pacientes á mesma hora con citas pechadas polo propio Sergas.

Pola tardes, hai tan só 3 médicos para consultas e as urxencias dos veciños de Viveiro (que son uns 15.500) e tamén para as do Vicedo e Ourol (outros 3.000), posto que o centro de saúde viveirense tamén é PAC. Os veciños levan tempo reclamando ao executivo autonómico que se reforce o persoal, pois cando hai urxencias a domicilio é imposible asumir o volume de traballo e polo tanto ofrecer unha atención sanitaria digna.

Outras das prestacións afectadas polos recortes do goberno galego do PP é a de pediatría, que pasou de contar con 2 profesionais a ter tan só 1. Un único pediatra é agora o responsable de atender aos 2.000 nenos de Viveiro, O Vicedo e Ourol. Isto supón unha longa espera para unha consulta ordinaria e con ela as familias teñen agardado 5 horas para poder ser atendido.

Que che pareceu o artigo ?