fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Pleno da Deputación de Lugo

– Campos destacou que “a miña prioridade sempre foi aprobar os presupostos da Deputación para pór a disposición dos veciños o que é seu: os fondos públicos desta institución. Poucos gobernos en minoría poden dicir que foron capaces de aprobar os orzamentos de todo o mandato e rematar cada ano cun nivel de gasto superior ao 80%”

– O Presidente convocou para hoxe un Pleno Extraordinario no que resolver definitivamente o Orzamento 2019 co obxectivo de que entre en vigor este mesmo mes

– Así acontecerá, pois as contas provinciais, dotadas de 88,4 millóns, contaron co voto a favor do PSOE, abstención do PP, e os votos en contra de BNG e Deputado non adscrito

 

O Presidente, Darío Campos Conde, convocou para este xoves un Pleno Extraordinario no que resolver definitivamente a súa proposta de Orzamento Provincial para 2019 co obxectivo da súa entrada en vigor este mesmo mes de xaneiro. Así acontecerá, pois a proposta, dotada dun total de 88,4 millóns de euros, foi aprobada cos votos a favor dos Deputados do PSOE, a abstención dos do PP, e os votos en contra de BNG e Deputado non adscrito. Presentáronse 3 alegacións ao presuposto, que foron desestimadas.

Campos Conde remarcou que “dende que cheguei a Deputación a miña prioridade sempre foi aprobar o Orzamento da Deputación para poñer a disposición de todos os veciños o que lles corresponde: os seus fondos públicos nesta institución. Con talante e moita paciencia, dialogando con todos os grupos da oposición, fíxeno ano tras ano. Isto supuxo que nas tres pasadas anualidades, -cos presupostos 2016, 2017 e 2018-, dun xeito totalmente obxectivo e sen precedentes, que debería primar en todas as institucións públicas do país e non o fai, dende este Goberno Provincial achegamos aos máis de 330.000 veciños dos 67 Concellos máis de 230 millóns de investimentos. O Presuposto de 2019 inclúe preto doutros 50 millóns de investimentos para toda a provincia, que son iniciais, pois irémolos incrementando coa incorporación de remanentes”.

 

“Creo que poucos gobernos en minoría poden dicir que foron capaces de aprobar os presupostos de todo o mandato e rematar cada anualidade cun nivel de gasto medio superior ao 80%. Neste sentido, quero dar as gracias a todos os meus compañeiros no Goberno Provincial e aos traballadores públicos da Deputación polo intenso e duro traballo que levamos a cabo, e seguiremos a facer ata o final, para estear coas persoas e responder por igual ás necesidades de todos os nosos veciños”.

 

Orzamento 2019

Está dotado de 88,4 millóns de euros. Destes, 48,6 millóns (os case 50 millóns aos que fixo referencia o Presidente), que representan o 55% do presuposto, son investimentos directos. É dicir, non se inclúen os gastos correntes ou de persoal pola prestación de servizos. Estes incrementaranse coa incorporación de remanentes, que se coñecerán co peche do exercicio orzamentario de 2018. Proceden das rebaixas acadadas nas contratacións provinciais (diferencia entre prezo de licitación e da contratación) posto que o Goberno da Deputación decidiu que aqueles que se xeran por actuacións en Concellos volvan aos mesmos, garantindo máis iniciativas municipais.

 

Infraestruturas e dotacións públicas

11 millóns son os que recolle ata o momento o Orzamento de 2019 para o Plan Único nos 67 Concellos. Os fondos para esta programación aumentarán ata un mínimo de 20 millóns. O Presidente xa compromete na memoria das contas provinciais, aprobada en Pleno, achegar cando menos o 70% dos remanentes. 15 millóns son para mellorar as estradas da rede viaria provincial –a máis extensa de España ao superar os 4.200 quilómetros- con obras novas, conservación ou a través do Parque Móbil. 1,5 millóns para o mantemento de sumidoiros, alumeados públicos, parques ou xardíns. Hai 1,3 millóns para servizos públicos en zonas eminentemente rurais da provincia. 300.000 euros para rehabilitar o Mirador de Mondoñedo. 300.000 euros para habilitar unha tirolina entre Monforte de Lemos e Castro Caldelas. 200.000 euros para recuperar a Casona do Incio. 200.000 para a posta en marcha do pavillón e piscina de Monterroso. 140.000 euros para a dotación dun rocódromo na capital.

 

Emprego

Son 10 millóns de euros os que se incorporan ao Orzamento de 2019 para emprego: 2,5 millóns para novos plans; 3 millóns do DepuEmprego IV; 1,7 millóns do TecendoEmprego, Plan de Primeira Oportunidade e da formación profesional sobre nichos de emprego; e 2,8 millóns para asumir os custos salariais durante 1 ano dos traballadores xa contratados ao abeiro do DepuEmprego III e Ben Empregado IV.

 

Centro de maiores para lucenses

Son 6,3 millóns para a construción, o funcionamento ou o financiamento a maiores da provincia das prazas dos centros da terceira idade que promoven Deputación e Concellos. Sitúanse en Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Navia de Suarna, Meira, Becerreá, Guitiriz, A Pontenova, Portomarín, A Pobra do Brollón, Pantón e Cervantes.

 

Máis benestar social

Para atender a 2.300 maiores da provincia a través do Servizo a Domicilio a non dependentes (SAF Básico) destínase un mínimo de 1,5 millóns (estes fondos poden aumentar se o así o requiren os Concellos co Plan Único). Para atender a outros 1.600 maiores mediante a Teleasistencia gratuíta da Deputación hai 515.000 euros. Achéganse 540.000 euros a proxectos de colectivos sociais sen ánimo de lucro da provincia que ofrecen atención profesional a persoas con capacidades diferentes, en risco de exclusión ou que sofren diferentes patoloxías: dano cerebral, discapacidade, alzheimer, autismo, hemofilia, esclerose múltiple, párkinson, fibromialxia, cancro…

 

Educación pública

Os fondos para o Plan de Choque do Campus de Lugo ascende aos 500.000 euros. Destínanse a maiores 210.000 euros ao Rof Codina e á Facultade de Relacións Laborais e uns 340.000 euros á UNED. Son 1,6 millóns para a Escola de Imaxe e Son, a única pública na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, con matrícula gratuíta a non repetidores. Aos conservatorios de Vilalba, Monforte e Viveiro achéganselles 45.000 euros. Hai outros 100.000 euros para máis proxectos educativos.

 

Sectores produtivos

Invístense 730.00 euros na construción da Granxa Experimental de Leite do Campus Terra, que se está a realizar na Granxa Gayoso Castro para desenvolver proxectos de investigación que contribúan a mellora da competitividade das explotacións lácteas e á redución de custos pola produción de leite. Increméntase aos 371.000 euros a colaboración cos produtores de raza Rubia Galega da provincia. Destínanse 470.000 euros a máis actividades en impulso da agricultura, gandeiría e da pesca.

Hai un investimento de 221.000 euros para iniciativas que fomenten o desenvolvemento empresarial na provincia, así como axudas directas á Federación de Comercio por valor de 25.000 euros, á Asociación Provincial de Hostalería de 60.000 euros ou á Asociación Provincial de Reparación e Venta de Automóbiles de 40.000 euros, entre outros colectivos que representan a profesionais dos distintos sectores produtivos da provincia.

 

Deportes

Deportes recibe 4,1 millóns de euros para colabora coa actividade de clubs de todas as modalidades e dos 67 Concellos, mellorar ou habilitar novas instalacións públicas municipais, contribuír á celebración de distintos eventos, así como para o mantemento de instalacións provincias como o Pazo dos Deportes. No apartado de subvencións nominativas, xa se inclúen 484.000 euros para 36 entidades deportivas.

 

Turismo, Cultura, Artesanía e Deseño

Para a promoción turística da provincia destínanse 2,5 millóns de euros. Desta cantidade, preto de 650.000 son para continuar coa actividade dos catamaráns nas Rutas Fluviais. 6 millóns de euros son para encher de contido e conservar as instalacións da rede museítistica (Museo Provincial, Museo de San Paio de Narla, Museo Etnográfico Pazo de Tor e Museo do Mar), así como para impulsar a cultura, a artesanía e o deseño con programacións ou axudas provincias. Por exemplo, as contas xa recollen partidas económicas para a Mancomunidade da Mariña ou o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra; Festival 17º Ribeira Sacra, Semana Santa de Viveiro, Festa da Filloa de Muimenta, Festa do Pemento de Mougán , A Heroica, Feiras As San Lucas, Danzas da Cervela, As Fachas, Festival de Jazz de Lugo, Semana do Cine…

Que che pareceu o artigo ?