fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Trátase da iniciativa presentada pola voceira do PSOE que foi denegada polo rexedor popular “porque, segundo el, non atinxe aos veciños de Barreiros”

– Carmen Veiga criticou a postura do Alcalde, apuntando que “temos que estar todos xuntos en contra da violencia de xénero, e na actual situación, onde forzas políticas propoñen renunciar e acabar con todo o traballo feito, máis todavía”

– “Agardamos unha rectificación xa e que se poida debater esta iniciativa, pois do contrario o señor Fuente Parga e o PP serán cómplices do mandato e das ideas de partidos que non defenden os dereitos das mulleres

Barreiros, 24 de xaneiro de 2018.- O Alcalde de Barreiros négase a debater unha proposta no Pleno Ordinario para combater o terrorismo machista. Trátase da iniciativa presentada pola voceira do PSOE, Carmen Veiga, que foi denegada polo rexedor popular “porque, segundo el, non atinxe ao Concello de Barreiros”.

A socialista explicou que a moción recollía manifestar a repulsa a todas as manifestacións de violencia de xénero, expresar o rexeitamento a calquera posicionamento político e acordo que propugne a eliminación das medidas de protección das mulleres, así como reforzar, poñer en valor e aplicar as medidas agrupadas no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Carmen Veiga criticou a postura do Alcalde, apuntando que “non entendo esta decisión do equipo de goberno cando en todos os plenos gardamos 1 minuto de silencio polas vítimas da lacra da violencia machista. Agora, que temos a oportunidade de demostrar que estamos todos xuntos en contra da violencia de xénero, e na actual situación que estamos vivindo, onde forzas políticas propoñen renunciar e acabar con todo o traballo feito neste eido a través de medidas irresponsables, o PP de Barreiros decide non tocar este tema tan serio porque consideran que non incumbe aos nosos veciños”.

“Dende o PSOE agardamos unha rectificación xa e que se poida debater esta iniciativa no pleno da corporación, pois do contrario o señor Fuente Parga e o Partido Popular serán cómplices do mandato e das ideas de partidos que non defenden os dereitos das mulleres. Non podemos dar nin un paso atrás”.

Que che pareceu o artigo ?