Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Así o denunciou a voceira socialista quen explicou que segundo os criterios da Xunta cada facultativo debe atender a un máximo de 1.500 persoas e actualmente o censo de Barreiros non chega aos 3.000. “O Partido Popular quere recortar o persoal e pasar de 3 a 2 médicos para aforrar custos, provocando o deterioro do servizo que non cubrirá as necesidades dos veciños”

– Carmen Veiga explicou que as ratios que manexa o PP non se poden aplicar en Barreiros pois “durante máis de 5 meses ao ano a poboación vese aumentada a preto de 15.000 persoas”

– O PSOE de Barreiros presentará unha iniciativa instando á Xunta e ao Concello a garantir a correcta atención primaria mediante a contratación de substitutos e reforzar o servizo coa incorporación dun profesional de xeriatría. Tamén solicitarán un informe dos problemas estruturais do edificio do Centro de Saúde

Barreiros, 18 de xaneiro de 2018.- O PSOE alerta de que o PP baralla desfacerse dun médico de atención primaria no Centro de Saúde de Barreiros. Así o denunciou este venres a voceira socialista, Carmen Veiga, quen explicou que segundo os criterios da Xunta de Galicia cada facultativo debe atender a un máximo de 1.500 persoas e actualmente o censo de Barreiros non chega aos 3.000. “O Partido Popular quere recortar o persoal e pasar de 3 a 2 médicos para aforrar custos, provocando o deterioro deste servizo básico que non será capaz de cubrir as necesidades dos nosos veciños. Os socialistas estamos totalmente en contra de calquera intento de amortizar unha das tres prazas médicas”.

Carmen Veiga anunciou que o PSOE de Barreiros presentará no vindeiro pleno ordinario unha iniciativa instando á Xunta e ao Concello a garantir a correcta atención primaria mediante a contratación de substitutos e reforzar o servizo coa incorporación dun profesional de xeriatría. Ademais, os socialistas solicitarán un informe dos problemas estruturais do edificio do Centro de Saúde, co compromiso de realizar os arranxos necesarios para poder manter as condicións necesarias para unha correcta atención sanitaria.

No verán chéganse aos 15.000 habitantes

A voceira socialista explicou que as ratios que manexa o PP non se poden aplicar en Barreiros pois “durante máis de 5 meses ao ano a poboación vese aumentada a preto de 15.000 persoas pois moitas familias teñen segunda residencia non noso Concello. Este feito, fai necesario que o número de médicos non diminúa no noso municipio, xa que unha atención primaria de calidade fideliza a poboación visitante ao tempo que supón un acicate para  o conxunto de veciños e veciñas.

Un Concello moi envellecido

Carmen Veiga subliñou que o envellecemento da poboación e o aumento da cronicidade supoñen un dos problemas esenciais que ten Barreiros, “onde máis de un terzo da poboación supera os 65 anos. Neste contexto social é imprescindible que os nosos maiores dispoñan dunha atención primaria pública e de calidade á que teñen dereito, por iso demandamos un xeriatra no Centro de Saúde”.

 

Que che pareceu o artigo ?