fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Así o informou este mércores o voceiro do PSOE quen criticou que esta situación “leva acontecendo durante toda a lexislatura”. Segundo o artigo 77, da Lei de Bases de Réxime Local o Concello ten a obriga de contestar as preguntas presentadas no rexistro municipal nun prazo de 5 días naturais, “pero o BNG ou non contesta ou faino extemporaneamente, incumprindo a normativa vixente”

– “Esiximos ao Alcalde que cumpra coas súas obrigas e deixe de menosprezar e desatender as necesidades dos veciños, pois moitas das preguntas proveñen das demandas que nos fan chegar. O señor Maceda está traspasando os límites democráticos para esconder a súa nefasta xestión dos recursos públicos”

– Os socialistas critican o horario dos plenos da corporación, que están establecidos ás 12:00 horas, o que non permite a moitos concelleiros dos distintos grupos políticos asistir por cuestións laborais. “Solicitamos ao rexedor que modificara o horario pero sempre se nega”

 

A Pobra do Brollón, 10 de xaneiro de 2019.- O PSOE da Pobra de Brollón denuncia que o Goberno municipal do BNG non contestou en tempo e forma ningunha das preto de 200 preguntas formuladas polos socialistas. Así o informou este mércores o voceiro do PSOE, Javier González, quen criticou que esta situación “leva acontecendo durante toda a lexislatura debido ao escurantismo que practica este goberno”. Segundo o artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local o Concello ten a obriga de contestar as preguntas presentadas no rexistro municipal nun prazo de 5 días naturais, “pero o BNG ou non contesta ou faino extemporaneamente, incumprindo a normativa vixente” criticou Javier González.

 

Os socialistas critican que ademais de non responder as preguntas que se lle fan, o goberno do BNG tampouco facilita a documentación requirida para que a agrupación poida desempeñar o seu traballo. “Esiximos ao Alcalde que cumpra estritamente coas súas obrigas e deixe de menosprezar e desatender as necesidades dos veciños da Pobra do Brollón, pois moitas das preguntas que realizamos proveñen das demandas que nos fan chegar a cidadanía. O señor Maceda está traspasando os límites democráticos para esconder a súa nefasta xestión dos recursos públicos durante este mandato.”

“Dende o PSOE non entendemos como o Alcalde non dá resposta a estas preguntas nas que os socialistas nos interesamos pola situación de proxectos tan importantes para os veciños como son as obras que executa o Concello; temas relacionados con protección civil, saneamento ou traídas de auga, así como a xestión de montes comunais, entre outras moitas cuestións”

“Agardamos que a postura do BNG mude e comece a asumir as súas responsabilidades, respectando e cumprindo a lei, pois do contrario teremos que valorar distintas posibilidades para que esta situación insostible non siga ocorrendo” engadiu Javier González.

 

Cambio de horario dos plenos da corporación

O voceiro do PSOE na Pobra de Brollón criticou o horario dos plenos da corporación, que están establecidos ás 12:00 horas, o que non permite a moitos concelleiros dos distintos grupos políticos asistir por cuestións laborais. “Solicitamos unha ducia de veces ao rexedor que modificara o horario das sesións plenarias para que a totalidade dos Concelleiros poidan acudir e defender as súas propostas pero sempre se nega. Somos o único Concello de toda a zona sur da provincia con este horario. Unha mostra máis das poucas facilidades e tolerancia que amosa o señor Maceda” criticou González.

 

8 meses sen recibir unha acta dos plenos

O voceiro socialista censurou a actitude do goberno municipal que decidiu cambiar o “programa xestiona”, sen previo aviso, polo que dende fai 7 meses o PSOE non recibe ningunha acta das sesións plenarias nas súas contas web.

Que che pareceu o artigo ?