fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– A voceira explicou que “chegáronnos denuncias ao partido de veciños que levan máis de 2 anos mercando auga embotellada porque aseguran que a auga da billa non é potable. O rexedor ten que aclarar e informar se o Concello está tomando as medidas necesarias para garantir o consumo da auga e demostralo”

– “Non podemos xogar coa saúde dos veciños. Dende o PSOE imos preguntar ao goberno do PP se realizou as analíticas diarias e a limpeza dos depósitos de distribución que ten a obriga de facer unha vez ao ano

– A socialista explicou que o Concello recibiu case 700.000 euros doutras administracións para a mellora do abastecemento de auga e o depósito. “Descoñecemos se si fixeron ditas actuacións pero aos veciños lles chega a auga en malas condicións”

Outeiro de Rei, 29 de xaneiro de 2018.- O PSOE de Outeiro de Rei esixe ao Alcalde do PP que aclare se a auga é potable ou non tras as numerosas queixas veciñais denunciando a calidade da mesma. Así o reclamou a voceira socialista, Luisa Meilán, quen requiriu ao Concello que publique xa os resultados das análises que por lei ten que realizar o municipio para corroborar que a auga é apta para o consumo humano.

“Chegáronnos denuncias ao partido de veciños de Outeiro de Rei que levan máis de 2 anos mercando auga embotellada porque aseguran que a auga da billa non é potable. O rexedor ten que aclarar e informar se o Concello está tomando as medidas necesarias para garantir o consumo da auga e demostralo, pois non podemos xogar coa saúde dos nosos veciños. Dende o PSOE imos preguntar ao goberno do PP se realizou a limpeza dos depósitos de distribución que ten a obriga de facer unha vez ao ano”.

Sancións ao Concello

Luisa Meilán informou que existe unha directiva do Parlamento Europeo do ano 2013 que define a calidade da auga e se esta é potable ou non dependendo das sustancias coas que conte. A valoración e decisión de se a auga é de consumo humano e conta cos parámetros óptimos é do goberno da Xunta, en concreto, da Consellería de Sanidade, que é a institución coas competencias nesta materia.

A voceira do PSOE advertiu que “se existe algún tipo de problema coa calidade e abastecemento da auga potable orixinará a apertura de expedientes sancionadores, carrexando multas económicas para o Concello de Outeiro de Rei, como sucedeu noutros municipios”.

Case 700.000 euros para melloras no abastecemento e no depósito

A socialista explicou que a Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, destinou 600.000 euros para a mellora do abastecemento de auga de Outeiro de Rei. “Descoñecemos se se fixeron xa ditas actuacións ou non, o que está claro é que aos veciños séguelles chegando a auga en malas condicións”.

“Esta non foi a única achega que recibiu o Concello de Outeiro de Rei doutra administración, pois o Goberno da Deputación achegou preto de 90.000 euros para mellorar a depuradora de auga. En total, son case 700.000 euros que polo que nos trasladaron os veciños non serviron de moito”.

Que che pareceu o artigo ?