fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a Presidente do Partido e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, valoraron este martes a proposta de Orzamentos Xerais do Estado que presentaron os seus compañeiros socialistas no Goberno Central. Santos e Méndez destacaron que “son uns presupostos realistas, honestos e cun claro carácter social, que se centran nas persoas que máis o necesitan”.

 

Neste senso,explicaron que os 117.000 pensionistas que hai na provincia e que representan o 35% da poboación total de Lugo, recibirán uns 17 millóns de euros máis ao ano. Isto débese á suba das pensións nun 1,6%, que supón un incremento medio duns 180 euros anuais por persoa; ou nun 3% no caso das mínimas, que implica un aumento medio duns 95 euros ao ano.

 

O aumento dos fondos para dependencia nun 59,3% beneficiaráaos 14.500 veciños que, segundo os últimos datos do IGE, son dependentes. “O 12% dos fogares lucenses ten algún dependente. Lugo supera a media de Galicia en dous puntos”, engadiu ao respecto o Secretario Xeral.

 

8.300 lucenses maiores de 52 anos que se atopan sen traballo e que representan máis da metade dos veciños da provincia en paro, recuperan o dereito por subsidio de desemprego.

 

14.000 lucenses co salario mínimo interprofesional, que sube nun 22%, recibirán preto de 3.000 euros anuais máis, supoñendo un total de 32 millóns de euros.

 

Unhas 16.000 familias da provincia teñen dereito á devolución das retencións do IRPF realizadas entres os exercicios de 2014 e 2017.

 

Case a totalidade de pequenas e medianas empresas da provincia se benefician da redución nun 2% do imposto sobre sociedades.

 

Os feitos que poden constatar os cidadáns

“Estes presupostos tamén denuncian as mentiras do Partido Popular durante os últimos 7 anos á fronte do Executivo Estatal, presentando unhas contas con partidas orzamentarias para a provincia que nunca se executaron, pois non deixaron listo ningún proxecto e mesmo nin fixeron os traballos de conservación da rede viaria estatal.Ata 20 millóns de euros do exercicio 2017-2018 para o mantemento das estradas estatais na provincia de Lugo deixaron sen executar”.

 

“Creo que os cidadáns poden constatar o feito na provincia durante 7 anos co PP no goberno central e nos últimos 6 meses co Partido Socialista, nos que se impulsou a A-74 (A Mariña) e A-76 (Ponferrada-Ourense), sometendo á información pública os proxectos, publicando no BOE; ou mellorando as N-VI, N-120, N-634, N-540 ou N-642”.

 

“Seguiremos a impulsar os proxectos que vertebran a nosa provincia pois nestes presupostos inclúense dotaciónsorzamentarias para as autovías Lugo-Santiago, Lugo-Ourense ou a da Mariña; e para infraestruturas ferroviarias, incrementando considerablemente estes fondos con respecto ao pasado ata os 13 millóns”.

 

Que che pareceu o artigo ?