fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

“O Partido Popular tomou ese dogma de fe da ultradereita e dícelle aos cidadáns que eles son os orixinais e que non fan falta imitacións coma Vox”

– Santos Ramos subliñou que “en Galicia a mentira, o populismo, a publicidade sen feitos está moi ben representada por Feijóo”

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, nunha entrevista no programa Lugo en la Onda, da emisora Onda Cero, preguntado sobre a posible irrupción de VOX en Galicia subliñou que “en Galicia a mentira, o populismo, a publicidade sen feitos está moi ben representada por Feijóo co cal non necesitan un populista de ultradereita que veña aquí a tratar de estúpidos aos galegos e galegas”.

Santos Ramos engadiu que “Vox vai ter difícil ter o seu propio espazo electoral porque os propios candidatos do PP estanse ofrecendo como os candidatos de Vox. Pasou aquí, na cidade de Lugo, onde o señor Carballo dixo que non quería ningún tipo de cordón sanitario e que non había ningún problema por abrazarse, incluso asumir, as ideas de Vox: esas propostas contra as mulleres, contra os inmigrantes, contra as persoas…”

“O Partido Popular tomou ese dogma de fe da ultradereita, dicíndolles aos cidadáns que non se preocupen, que eles son os orixinais e que non fan falta imitacións coma Vox. Díxoo o propio Presidente do PP, Pablo Casado”.

“Estou seguro de que en Lugo non vai a ser posible un pacto entre o PP de Carballo  e Vox porque os veciños e veciñas non lle van a dar esa oportunidade. Vai gañar a esquerda, o progresismo, a conciencia, a humildade e a honestidade que están exercendo os Gobernos Socialistas no Concello de Lugo ou no da Deputación. E vano facer porque os cidadáns saben que a realidade é indiscutible.

Que che pareceu o artigo ?