fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os Concelleiros do PSOE dos 3 municipios agardan o apoio unánime das Corporacións para aprobar o texto coas reivindicacións veciñais e reclamar conxuntamente á Xunta de Galicia que reforce esta prestación sanitaria pública

– Hai un único pediatra para as familias de Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo que lle resulta imposible asumir o intenso volume de traballo e que non é substituído polo Sergas en ausencias xustificadas e prolongadas no tempo

– Isto xa supuxo retraso de máis de 2 meses para vacinarse das enfermidades do calendario obrigatorio, tal e como denunciou a voceira do PSOE en Barreiros hai semanas, dando voz por 1ª ás queixas veciñais e alertando sobre esta situación

A Mariña, 17 de xaneiro de 2018.- Socialistas de Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo apoian sen fisuras ás 800 familias destes tres Concellos que se vén afectadas pola precariedade no servizo de pediatría que comparten. Os Concelleiros do PSOE nestes municipios defenderán as reivindicacións que os veciños consensuarán e recollerán textualmente mañá nunha reunión aberta á cidadanía na localidade laurentina. Este texto, que asinarán os afectados, será remitido aos Concellos para presentalo ao Pleno. Os representantes do Partido Socialista agardan o apoio unánime dasCorporacións para conxuntamente reclamar á Xunta de Galiciaque reforceo servizo de pediatría e o adapta ás necesidades das familias.

Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo comparten un único pediatría que lle resulta imposible asumir o intenso volume de traballo, pois hai 800 familias con cativos de entre 0 a 14 anos nos tres Concellos. Isto supuxo retrasos de máis de 2 meses para vacinarse das enfermidades establecidas no calendario obrigatorio, tal e como denunciou publicamente hai semanas a voceira socialista en Barreiros, Carmen Veiga, dando voz aos veciños e alertando por primeira vez sobre a situación de precaridade na que a Xunta de Galicia mantén esta prestación sanitaria pública e necesaria.

Cando este único profesional cualificado se traslada para atender consultas ou se ausenta por motivos xustificados (baixas ou vacacións), os nenos quedan sen especialista, pois a Xunta de Galicia non o substitúe. Ante esta situación, teñen que ser atendidos por un médico de familia sen a formación específica, trasladarse ao Hospital de Burela ou ben ir a unha consulta privada.

Que che pareceu o artigo ?