fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

-O Secretario Provincial destacou que Sánchez volve a demostrar que os socialistas situamos os intereses dos cidadáns por enriba de todo”

– “Fíxoo presentando unha moción de censura sen negociación previa algunha para erradicar a lacra da corrupción; aprobando a suba das pensións por riba do IPC, o salario mínimo interprofesional ou devolvendo a universalidade á sanidade”

– “Cun PXE que suprimía o copago, abría a oportunidade a máis persoas a estudar con becas; recuperaba a dignidade dos coidadores de persoas dependentes volvendo a cotizar á seguridade social ou incrementaba os recursos ás familias con dependentes”

– “Os intereses cavernícolas do Pacto de Colón -PP, Cs,Vox- que buscan a regresión social e política, e os dos independentistas que necesitan a confrontación cun goberno para subsistir, impediron a aprobación dun presuposto cun grande impacto social”

 

Lugo, 15 de febreiro de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, valorou este venres o adianto electoral avanzado polo Presidente do Goberno Central, Pedro Sánchez, que terá lugar o 28 de abril.

Santos destacou que “Sánchez volve a demostrar que os socialistas situamos os intereses dos cidadáns por enriba de todo, que para nós o primeiro son as persoas, os nosos veciños. Nos últimos 8 meses, o PSOE demostrouno, en primeiro lugar, presentando unha moción de censura sen negociación previa algunha, con valentía e madurez, para erradicar a peor lacra de corrupción que estaba instalada na Moncloa e nas institucións cun Goberno no Estado do PP, un partido recoñecido por sentenza xudicial como corrupto, financiado ilegalmente”.

“Estando no Executivo Central e cunha situación parlamentaria de difícil gobernalidade e de pactos; os socialistas empregamos todos os recursos administrativos e de xestión posibles para cambios e avances sociais. A través de Real Decreto e en Consellos de Ministros, aprobamos suba das pensións por primeira vez en moitos anos por riba do IPC e despois de que o PP as mantiveseen mínimos histórico do 0,25%; incrementamos o salario mínimo interprofesional; devolvemos a universalidade da sanidade pública que nos arrebatara o PP; habilitamos a devolución das retencións aplicadas polo permisos de paternidade ou maternidades a moitas familias…Fixemos posibles cambios e avances sociais a pesares de atoparnos sempre o rexeitamento do PP e Cs, que dixeron non á suba das pensións ou do SMI”.

Os intereses cavernícolas do Pacto de Colón: PP, Cs e Vox

“Presentamos o Orzamento Xeral do Estado máis social en anos, un orzamento que nos permitía consolidar a suba das pensións ou do salario mínimo interprofesional; suprimir o copago farmacéutico que nos impuxo o PP; abrir a oportunidade a máis persoas a estudar a través de becas; recuperar a dignidade dos coidadores de persoas dependentes, volvendo a cotizar á seguridade social; incrementar os recursos ás familias con dependentes….Pero os intereses cavernícolas do Pacto de Colón -de PP, Cs e Vox- que buscan a regresión social e política,e os dos independentistas que necesitan a confrontación cun goberno porque só así se sosteñen; impediron a aprobación dun presuposto cun grande impacto social e centrado nas persoas; dun instrumento necesario para poder seguir co cambio e o avance social e político”.

“Sánchez volve a antepoñer os intereses das persoas que poderán decidir o 28 de abril que modelo político queren para España: se o modelo honesto, social, de progreso e avance, de tender pontes de diálogo e consenso, de atopar liñas de cooperación e solucións ás discrepancias que poidan existir sempre antepoñendo o Estado, a Constitución e os dereitos de todas as persoas, o modelo político que os socialistas ofrecemos con feitos nos últimos meses; ou o modelo de retroceso político e social, de vulneración, agresión, confrontación e incluso de delincuencia –hai sentenzas xudiciais que así o poñen de manifesto- que ofrece a dereita e os independentistas”.

A dereita dividida intencionadamente

“Seguiremos explicando ás persoas as mentiras da dereita, que quedou retratada co Pacto de Colón, evitando a tentación de levantar o brazo. A dereita (PP, Cs e Vox) dividiuse intencionadamente para xuntos mentir descaradamente e tentar enganar á sociedade e chamar a máis votantes, aos máis retrógradas, radicalizados e máis agresivos contra a nosa sociedade. Seguimos desvelando que o interese do Pacto de Colón é o retroceso social, o ataque ás mulleres, o retroceso na igualdade de oportunidades para todos por cuestións de xénero, condición social, sexual, económica, étnica, traballo…E tamén o interese económico, o interese de estar nas institucións para nutrirse economicamente como desvelou xa a xustiza do Partido Popular”

Os independentistas necesitados de confrontación

Os independentistas están absolutamente necesitados da confrontación cun goberno para manterse. Non lles interesan vías de resolución de conflitos ou discrepancias entre unha institución tan democrática como o Parlamento de Cataluña e outra tan democrática, nunca menos, como o Goberno do Estado.

“Uns buscando o retroceso social e outros a necesaria confrontación para subsistir pactaron tombar uns orzamentos sociais e pensados nas persoas, imposibilitando máis cambios e avances para o benestar e a mellora da nosa sociedade”.

 

Que che pareceu o artigo ?