fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Deputado socialista no Parlamento Galego participou este xoves no debate público organizado polas familias dos alumnos do Colexio CEIP Virxe da Luz. Os pais propuxeron dita iniciativa tras sufrir  neste curso o recorte dun profesor por parte do PP, o que supuxo o agrupamento de 3 cursos que antes estaban en 2

– Luis Álvarez explicou que segundo os criterios aprobados polo PP o colexio debería ter 5 mestres en Educación Primaria (2 de educación primaria, 1 de música, 1 de inglés e 1 de educación física). Actualmente só contan con 4

– O parlamentario advertiu que no centro estanse agrupando 13 alumnos de distinto ciclo, é dicir, 4º, 5º e 6º, nunha mesma unidade cando a lei establece que teñen que ser 12 ou inferior. “Polo tanto o colexio debería ter 3 unidades de educación primaria e non 2”

– A provincia pasou de ter 4.185 mestres non universitarios no 2008 a 3.784 no 2018, é dicir 401 docentes menos o que supón unha redución do 9,6%. “Lugo é a provincia galega na que maior porcentaxe se reduciu”

Portomarín, 29 de febreiro de 2019.- O Deputado socialista no Parlamento Galego, Luis Álvarez, participou este xoves, na Casa Sindical de Portomarín, no debate público organizado polas familias nos alumnos do Colexio CEIP Virxe da Luz. Os pais e nais propuxeron dita iniciativa tras as numerosas queixas por sufrir  neste curso o recorte dun profesor por parte do PP no goberno galego, o que supuxo o agrupamento de tres cursos escolares que anteriormente estaban en dous, pasando de 3 clases a dúas.

Luis Álvarez agradeceu a invitación e felicitou ás familias polo éxito de concentración de público para o debate. O socialista explicou que “dende o PSOE presentamos 2 iniciativas na cámara galega nas que solicitábamos a constitución dunha mesa de estudo, coa participación de todos os actores no eido educativo: mestres, inspectores, directores, asociacións de pais… co principal obxectivo de redefinir e rede de centros en Galicia. E o fixemos porque é evidente que a situación e o contexto social, sobre todo no rural, mudou e non podemos permanecer quietos. O fixemos porque é fundamental dialogar para chegar a acordos de consenso, pois a educación trátase dun asunto de país, nos que nos xogamos moito. O problema foi o de sempre, que o PP na Xunta de Galicia rexeitou calquera tipo de proposta a través da súa maioría parlamentaria, dando as costas aos veciños”.

1 profesor máis para o CEIP Virxe da Luz

Luis Álvarez explicou que segundo os criterios aprobados polo PP o colexio de Portomarín debería ter 5 mestres na etapa de Educación Primaria (2 de educación primaria, 1 de educación musical, 1 de filoloxía inglesa e 1 de educación física). Actualmente o centro só conta con 3 profesores nesta etapa polo que lle faltan 2 para cumprir o catálogo que establece a propia Xunta de Galicia.

13 alumnos de distinto ciclo nunha mesma clase

O Deputado socialista advertiu que no CEIP Virxe da Luz estase agrupando alumnado de Educación Primaria pertencente a distinto ciclo, é dicir, 4º, 5º e 6º, nunha mesma unidade cando son 13 alumnos e a lei establece que teñen que ser 12 ou inferior. “Polo tanto o agrupamento destes alumnos supera o máximo que recolle o acordo do 2009 e o colexio debería ter 3 clases de educación primaria, como tiña antes, e non 2”.

“Esta situación supón unha diminución da calidade educativa pois concéntranse nenos de 6 a 12 anos agrupados en dúas clases debido aos recortes que aplicou o Partido Popular na Xunta de Galicia. Este grave problema que preocupa e afecta a ducias de familias do Concello produce unha falta de igualdade de oportunidades con respecto a outras escolas, pois cada hora de clase ten que repartirse en tres niveis diferentes”.

400 docentes menos en 10 anos

O Deputado socialista informou que a provincia de Lugo pasou, segundo a información do goberno galego, de ter 4.185 mestres non universitarios no 2008 a 3.784 no 2018, é dicir 401 docentes menos o que supón unha redución do 9,6%. “Lugo é a provincia galega na que maior porcentaxe se reduciu. Isto responde as políticas do PP que só baséanse no número de matriculados para poder reducir custos económicos. A educación é un servizo que debe ser público, gratuíto e de calidade, e, por desgraza, non o está sendo”.

 

Que che pareceu o artigo ?