fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O PP e o Deputado independente votaron en contra da proposta do Goberno que esixía a oposición pública da institución á supresión e modificación das titulacións do Campus Terra e convidar á Xunta a seguir investindo nel

– Santos Ramos destacou que “aínda non escoitei a ninguén do PP dicir con contundencia que non se van a pechar as Enxeñerías de Civil e Química e trasladar parte da actividade de Forestal e Agrícola a outras cidades”

– O voceirosocialista subliñou que “o PP intenta enganar á cidadanía. Hai uns días anunciaron como algo novo, froito da xenerosidade da Xunta, que o Campus ía ter novos graos pero non din que para iso tiveron que eliminar 4 titulacións”

– “A Deputación ten dereito a saber como se vai a administrar a oferta e cal é o futuro do Campus de Lugo, pois se están abordando investimentos millonarios que teñen que ter un horizonte máis alá de 2 anos” apuntou

Lugo, 26 de febreiro de 2019.- O PP e o Deputado independente votaron en contra da proposta do Goberno socialista que esixía a oposición pública da institución á supresión e modificación das titulacións do Campus Terra e convidar á Xunta de Galicia a seguir investindo na especialización do campus e incrementar o número de titulacións.

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos, destacou que “presentamos esta iniciativa pois transcendeu publicamente que a Xunta estaba valorando suprimir Enxeñería Química e Enxeñería Civil e de compartir Enxeñería Agrónoma con Ourense e Enxeñería Forestal con Pontevedra, así como dar clases telemáticas nestes graos. Dende que se fixo público, dende o PSOE manifestamos o noso rexeitamentoa que haxa unha nova alteración. Aínda non escoitei a ninguén do Partido Popular dicir con contundencia que non se van a pechar as Enxeñerías de Civil e Química e trasladar parte da actividade docente e formativa de Forestal e Agrícola a outras cidades”.

“O Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, que non é sospeitoso de non ser do PP, por unha indiscreción, puxo o debate encima da mesa educativa e fixo que saltaran todas as alarmas. Dende o PSOE, puxémonos en contacto coa USC que non nos desmentiu dita información”.

O PP intenta enganar á cidadanía

Santos Ramos subliñou que “o PP intenta enganar á cidadanía. Hai uns días anunciaron como algo novo, froito da xenerosidade da Xunta, que o Campus Terra ía ter novos graos: Robótica, Empresa e Tecnoloxía, Xestión Cultural e Bioquímica. Isto está dentro da Planificación 2017-2021 que acordaron as 3 universidades co goberno galego e que prevía a incorporación de ditas titulacións. O que o PP non di é que para que estes novos graos se implanten tiveron que pechar os graos de Xeomática e Topografía, Xestiónde PEMES, Lingua e Literatura e Difusión Cultural”.

A Deputación con voz e voto

O voceiro socialista apuntou que “se a Xunta está valorando a implantación dun novo plan estaría ben que informaran á Deputación que inviste moitos cartos no impulso e desenvolvemento do Campus Terra. Se o PP coñece en detalle estas medidas estaría ben que explicase en que consiste e en que situación van quedar os graos afectados. A Deputación ten dereitoa saber como se vai a administrar a oferta e cal é o futuro do Campus de Lugo, pois se están abordando investimentos millonarios que teñen que ter un horizonte máis alá de 2 anos”.

Que che pareceu o artigo ?