Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– Os socialistas esixen ao Goberno do PP “desmentir taxantemente” a súa intención de eliminar Enxeñería Química e Civil e de compartir Enxeñería Agrónoma con Ourense e Enxeñería Forestal con Pontevedra, poñendo clases telemáticas como na UNED

– Tan só atendendo aos 10 millóns de fondos públicos na Deputación e Concello de Lugo que se investiron nos últimos 3 anos, “os lucenses estamos nunha posición moi razoable para esixir información e formar parte na toma de decisións”

– Sen criterios para suprimir estes graos: non hai aforro, están recoñecidos a nivel mundial e acadaron 40 millóns de Europa. “Isto é unha ameaza para os veciños que queren estudar e teñen a Lugo como 1ª opción, para as empresas dispostas a seguir investindo en investigación ou para o desenvolvemento socioeconómico de Lugo”

– Segue vixente a chamada pola Xunta “readaptación” de 2017-2021 coa que eliminaron 4 titulacións. “Non nos fiamos da reestruturación na que traballan agora con nocturnidade, aleivosía e sen participación da comunidade educativa e institucións. Esiximos claridade. Temos moitos indicios para sospeitar que a Xunta do PP nos menten”

Lugo, 14 de febreiro de 2019.- Despois de “non desmentir taxantemente” a intención manifestada pola Xunta de Galicia de suprimir do Campus de Lugo Enxeñería Química e Enxeñería Civil e de compartir Enxeñería Agrónoma con Ourense e Enxeñería Forestal con Pontevedra, valorando clases telemáticas nestes graos, como na UNED; o Partido Socialista na Provincia de Lugo advirte e toma medidas. Pois o único que transcendeu ata o momento é que están a facer unha reestruturación “con nocturnidade, aleivosía e sen participación da comunidade educativa, de Deputación e Concello de Lugo, que invisten cuantiosos fondos públicos de todos os lucenses na posta en valor da universidade (10 millóns entre as dúas institucións nos últimos 3 anos); así como que non se van a reducir o número de titulacións. Non aclararon en que consiste esta reestruturación nin en que situación van a quedar os graos.

O Secretario Provincial, Álvaro Santos Ramos, e a Presidenta do partido e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, xunto ao Secretario de Educación, Miguel Vilar Rivas, abordaron este asunto que “está a preocupar moito aos docentes e aos alumnado” e informaron sobre as medidas que tomarán en defensa do Campus Terra e dos intereses dos lucenses.

“Os lucenses non imos a aportar nin 1 euro a recortes”

Santos e Méndez advertiron que “dende a Deputación e o Concello de Lugo, polo tanto dende o PSOE que gobernamos nestas institucións, non imos a quedar impasibles e ser espectadores de cambios nun dos piares no que se sostén o desenvolvemento da provincia. Só nestes últimos 3 anos, levamos feito un esforzo inversor de 10 millóns de euros de fondos públicos de todos os nosos veciños na Deputación e no Concello para o impulso do Campus Terra. Polo tanto, estamos nunha posición moi razoable para esixir que os lucenses teñamos información e formemos parte na toma de decisións. Debemos coñecer en que consiste esa reestruturación. Deputación e Concello de Lugo deben formar parte das comisión de seguimento para dar voz aos nosos veciños. Non imos a aportar nin 1 euro para un recorte no Campus de Lugo.”

Sen criterios

O Secretario Provincial remarcou que “non hai un só criterio económico nin educativo para eliminar estas titulacións. Isto non suporía ningún aforro porque o persoal que as imparte é fixo e seguirán no Campus. Levan acadado máis de 40 millóns de euros de fondos europeos en I+D+I a través de convocatorias de concorrencia competitiva que abalan o seu traballo. Enxeñería Forestal e do Medio Ambiente e Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria están recoñecidas a nivel mundial (QS World University Ranking by Subjet e U-Ranking).

Ameazas e ataque a Lugo

Santos salientou que “a supresión destes graos é unha ameaza para todos os nosos veciños que queren estudar e teñen Lugo como primeira opción ou para as empresas que queren seguir investindo máis en investigación”. Méndez apuntou que “o Campus permitiu a moita xente ter unha formación universitaria e recibir unha educación pública de calidade sen ter que desprazarse da súa provincia. O Campus é vital para o desenvolvemento e crecemento do noso Concello”. Só os seus case 5.000 alumnos xeran beneficios mensuais de 3 millóns.

Vixente a readaptación 2017-2020 coa que suprimiron 4 graos

O Secretario Xeral salientou que “o PP na Xunta fala dunha reestruturación como no 2017 dicía que estaban a facer unha readaptación que segue vixente, pois o seu período é 2017-2021. Falaban dunha simple readaptación e o que fixeron foi mutilar o Campus de Lugo, suprimindo 4 titulacións en base ao número de matriculados. Non nos fiamos da reestruturación na que traballan con este escurantismo”. Neste senso, a Alcaldesa subliñou que “a credibilidade da Xunta é inexistente. Temos moitos outros indicios, como os terreos do barrio da residencia ou a Rolda Leste, para sospeitar que nos minten. Queremos claridade por parte da Xunta de Galicia, pois o Campus de Lugo xa sufriu recortes por parte deste goberno galego do PP”.

Moción aos Plenos de Deputación e Concello de Lugo

Os gobernos socialistas na Deputación e no Concello de Lugo presentarán aos seus respectivos Plenos unha moción cos seguintes acordos:

1.- Rexeitar a supresión e modificación nos termos que transcenderon das titulacións sinaladas.

2.- Convidar á Xunta de Galicia a seguir investindo na especialización do Campus Terra e a incrementar o número de titulacións vencelladas a esta temática. Para o que, de ser así, a USC seguirá contando coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo.

Que che pareceu o artigo ?