fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Secretaria de Acción Política explicou que “por primeira vez na provincia, un partido xera un foro de traballo, aberto á militancia, sobre a muller, para facer propostas políticas, lexislativas e sociais dende unha perspectiva de xénero”

– “Poñemos en marcha un espazo de posta en común da visión de todas as mulleres, no que se poidan compartir experiencias e coñecer a realidade das mulleres que viven no rural e as que o fan nun ámbito máis urbano”.

O grupo manterá reunións periodicamente e está integrado por mulleres de distintas agrupacións socialistas, con diferentes profesións: avogadas, economistas, enxeñeiras, funcionarias, amas de casa…

Lugo, 13 de febreiro de 2019.- O PSOE Provincial constituíu o grupo de traballo da Muller para deseñar e propoñer políticas cun marcado carácter feminista e que teñan en conta a situación da muller no rural. Así o informou este mércores a Secretaria de Acción Política, Sonsoles López Izquierdo, quen explicou que “é a primeira vez na provincia que un partido xera un foro de traballo, aberto á militancia, sobre a muller para facer unha análise da actualidade política, lexislativa e social dende unha perspectiva de xénero”.

“Poñemos en marcha un espazo de posta en común da visión de todas as mulleres, no que por exemplo se poidan compartir experiencias e coñecer a realidade das mulleres que viven no rural e as que o fan nun ámbito máis urbano”.

López Izquierdo destacou que o grupo, que manterá reunións periodicamente, está integrado por mulleres de distintas agrupacións socialistas lucenses e con diferentes profesións: avogadas, economistas, enxeñeiras, traballadoras da administración pública, amas de casa…

“Afondaremos nas peculiaridades, necesidades e oportunidades de cada territorio, poñéndoas en común co obxectivo de ofrecer aos veciños e veciñas políticas útiles e construtivas que redunden, neste eido, na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e facendo especial fincapé na situación das mulleres rurais”.

O da Muller forma parte dos 5 grupos de traballo que o PSOE Provincial puxo en marcha para propoñer políticas construtivas e útiles sobre distintas temáticas: sanidade e servizos sociais, educación, sustentabilidade rural e cultura.

Que che pareceu o artigo ?