fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O PSOE leva máis dun mes agardando a que o Concello aporte a documentación requirida sobre diferentes asuntos municipais

– No 2017, os socialistas denunciaron polo mesmo motivo ao rexedor do PP ante o Valedor do Pobo. Elba Veleiro criticou o “escurantismo do equipo de goberno”

– “Poñen trabas o labor de fiscalización do resto de grupos da corporación. O Alcalde está traspasando os límites democráticos para esconder a súa nefasta xestión dos recursos públicos durante este mandato”

Vilalba, 27 de febreiro de 2019.- Os socialistas de Vilalba denuncian que o Alcalde de Vilalba é reincidente negando á información que solicita o grupo municipal. O PSOE leva máis dun mes agardando a que o Concello aporte a documentación requirida no mes de xaneiro sobre as subvencións para a mellora da accesibilidade na biblioteca municipal, o sistema de vídeo vixilancia no polígono industrial, a declaración de Festa de Interese Turístico da Feira do Capón e Feira do Queixo, así como sobre o estudo ordenanza das liñas de alta tensión, o contrato do bar do FIV e unha factura da pernocta ao xerente de Art Music (empresa que organiza dito festival) no Parador. A voceira socialista, Elba Veleiro, censurou que “non recibimos resposta algunha do rexedor, superando o prazo de contestación, 5 días, que recolle a normativa vixente”.

No 2017, os socialistas xa denunciaron polo mesmo motivo ao Alcalde do PP ante o Valedor do Pobo. “Nesa ocasión o señor Baamonde escudouse nun erro administrativo. Esta vez cal vai ser a escusa? Dende o PSOE estamos fartos deste escurantismo que practica continuamente o equipo de goberno, dificultando e poñendo trabas a labor de fiscalización do resto de grupos da corporación. O rexedor popular está traspasando os límites democráticos para esconder a súa nefasta xestión dos recursos públicos durante este mandato”.

A voceira socialista subliñou que “esiximos ao Alcalde que cumpra estritamente coas súas obrigas e facilite a información que lle pedimos, pois do contrario solicitaremos a celebración dun pleno extraordinario”.

Que che pareceu o artigo ?