fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

“Esta situación é insostible. É un auténtico caos, os 3 profesionais que estaban esta mañá no ambulatorio tiveron que facer o traballo de 7 facultativos. Moitos viveirenses quedaron sen ser atendidos. Estamos fartos de que a Xunta xogue coa saúde de todos nós. Esiximos que o Sergas dea de inmediato as explicacións necesarias” censurou a Alcaldesa de Viveiro

“Esta non é a primeira vez que temos estes problemas pois durante o Nadal houbo semanas con 3 médicos na quenda de mañá, como sucedeu hoxe. Isto provoca que os veciños teñan que agardar ata 10 días por unha consulta, que os médicos atendan unha media de 60 persoas nunha mañá” explicou Loureiro

Viveiro, 5 de febreiro de 2019.- O PSOE de Viveiro denuncia que ducias de veciños non foron atendidos este martes no Centro de Saúde porque a Xunta non cubriu as baixas de 4 médicos. “Esta situación é insostible. É un auténtico caos, os 3 profesionais que estaban esta mañá no ambulatorio tiveron que facer o traballo de 7 facultativos. Moitos viveirenses quedaron sen ser atendidos. Estamos fartos de que a Xunta de Galicia xogue coa saúde de todos nós. Esta é a atención primaria da que presume o señor Feijóo.Esiximos que o Sergas dea de inmediatoas explicacións necesarias” censurou a Vicesecretaria Xeral do PSOE e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Esta non é a primeira vez que temos estes problemas pois durante o Nadal houbo semanas con 3 médicos na quenda de mañá, como sucedeu hoxe. Isto provoca que os veciños teñan que agardar ata 10 días por unha consulta, que os médicos atendan unha media de 60 persoas nunha mañá” explicou Loureiro.

Máis persoas para urxencias

Pola tardes, hai tan só 3 médicos paraconsultas eas urxencias dos veciños de Viveiro (que son uns 15.500) e tamén para as do Vicedo e Ourol (outros 3.000), posto que o centro de saúde viveirense tamén é PAC. Os veciños levan tempo reclamando ao executivo autonómico que se reforce o persoal, pois cando hai urxencias a domicilio é imposible asumir o volume de traballo e polo tanto ofrecer unha atención sanitaria digna.

Viveiro, O Vicedo e Ourol sen pediatra

Os socialistas denuncian que outras das prestacións afectadas polos recortes do goberno galego do PP é a de pediatría, que pasou de contar con 2 profesionais a ter tan só 1. Un único pediatra é agora o responsable de atender aos 2.000 nenos de Viveiro, O Vicedo e Ourol..

Concentracións no centro de saúde

Veciños, persoal do centro de saúde e socialistas levan concentrándose nas últimas semanas diante do edificio en protesta pola situación na que goberno do PP en Galicia mantén a atención primaria pública neste municipio

Que che pareceu o artigo ?