fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– Os socialistas denuncian que o PP, co beneplácito do candidato á alcaldía, leva sen convocar 2 Plenos ordinarios, obstaculizando a labor da oposición e discriminando aos veciños que votaron ao resto da corporación

– O voceiro do PSOE advertiu que se están facendo arranxos, sistematicamente, en fincas privadas “para conseguir votos dun xeito clientelar e caciquil”

– Celestino Rodríguez explicou que o pleno aprobou un superávit de máis de 400.000 euros produto da subida de impostos aos veciños. “Esta é a política do PP, facer actuacións para os seus amigos co esforzo de todos os cidadáns”

O Saviñao, 27 de febreiro de 2019.- Os socialistas do Saviñao denuncian que o PP leva sen convocar 2 Plenos ordinarios, incumprindo a lei. Así, o informou este mércores o voceiro municipal do PSOE, Celestino Rodríguez, que criticou que o equipo de goberno do Partido Popular está impedindo a participación política no Concello. Levamos 3 meses sen celebrar un Pleno da corporación porque dende que o señor Armesto é candidato á alcaldía non lles da a gana convocalos, vulnerando un dereito que como partido político consideramos fundamental e que ven recollido na Constitución”.

O PSOE denuncia que o PP non cumpre coa Lei de Administración Local de Galicia, que establece a obriga de celebrar sesións ordinarias do Pleno Municipal como mínimo cada 2 meses. O Pleno do Saviñao acordou a celebración dos Plenos ordinarios os últimos venres dos meses de febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro.

Celestino Rodríguez criticou que “o PP, co beneplácito de Armesto, está obstaculizando a labor da oposición e discriminando aos veciños que nos votaron para defender e dar voz ás súas demandas. O autoritarismo deste equipo de goberno está superando os límites permitidos. Dende o PSOE non imos permitir máis escurantismo e falta de transparencia por parte do PP, por iso esixímoslles que convoquen de inmediato un Pleno e respecten o pluralismo da corporación”.

Política caciquil do PP

O voceiro do PSOE denunciou que se están facendo arranxos, sistematicamente, en fincas privadas “para conseguir votos dun xeito clientelar e caciquil”. Celestino Rodríguez explicou que o pleno aprobou un superávit de máis de 400.000 euros produto da subida do IBI, taxas e todo tipo de impostos aos veciños e a ausencia de investimentos por parte do equipo de goberno. “Esta é a política que defende o PP, facer actuacións para os seus amigos co esforzo de todos os cidadáns” censurou o socialista.

Que che pareceu o artigo ?