fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas mantiveron un encontro con familias de alumnos afectadas polo recorte dun profesor por parte do PP no goberno galego, o que supuxo o agrupamento de tres cursos escolares, pasando de 3 clases a dúas

– Acordaron presentar unha proposta no Parlamento Galego esixindo a reincorporación dun docente. O fan ante a falta de respostas do goberno de Feijóo, pois o PSOE xa levou ao Pleno da Deputación unha iniciativa, aprobada por todos os grupos políticos, reclamando un profesor á Xunta

Lugo, 17 de febreiro de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, o Deputado socialista no Parlamento galego, Luís Álvarez, e a voceira municipal, Silvia Rodríguez, mantiveron un encontro con familias de alumnos do CEIP Virxe da Luz de Portomarín para coñecer de primeira man a precaria situación no centro tras sufrir neste curso o recorte dun profesor por parte do PP no goberno galego, o que supuxo o agrupamento de tres cursos escolares que anteriormente estaban en dous, pasando de 3 clases a dúas.

Nesta reunión os socialistas acordaron cos pais e nais dos alumnos afectados polos recortes do PP presentar unha proposta no Parlamento Galego esixindo a reincorporación dun docente. O fan ante a falta de respostas do goberno de Feijóo, pois o PSOE xa levou ao Pleno da Deputación unha iniciativa, aprobada por todos os grupos políticos, reclamando un profesor á Xunta de Galicia.

Os socialistas denuncian que esta situación supón unha diminución da calidade educativa pois concéntranse nenos de 6 a 12 anos agrupados en dúas clases. Isto provoca que cada hora de clase ten que repartirse en tres niveis diferentes polas distintas necesidades do alumnado o que con leva que en Portomarín os nenos reciban 16 minutos de materia por clase mentres os alumnos de Lugo reciben 50 min.

A voceira do PSOE subliñou que “isto non se corresponde cunha educación pública e de calidade á que teñen dereito todas estas familias afectadas. Dende o Partido Socialista demandámoslle de xeito inmediato ao do PPque resolva xa a situación na que se atopan as familias de Portomarín, incorporando un docente de primaria máis ao colexio público municipal.

 

Que che pareceu o artigo ?