fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade esixir ao Ministerio de Xustiza a dotación dun novo Xulgado do social para a provincia de Lugo

– O voceiro do goberno destacou que “consideramos equivocada e errónea a decisión de non concederlle outro Xulgado do Social a Lugo. O PSOE segue na mesma posición que dende o 2012, cando xa reclamamos un novo xulgado e o PP nin o daba nin o pedía”

– “Permítame que traslade á cidadanía a confianza que temos neste Goberno progresista. A nós non nos van facer falta 7 anos para traer un xulgado do social á provincia” apuntou Santos Ramos

Lugo, 26 de febreiro de 2019.- O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade unha proposta esixindo ao Ministerio de Xustiza a dotación dun novo Xulgado do social para a provincia de Lugo.

O voceiro do goberno, Álvaro Santos Ramos, destacou que “o PSOE está onde estivo sempre, coa provincia de Lugo. Nós hoxe seguimos reivindicando e recriminando con contundencia ao Goberno de España que non conceda un novo Xulgado do Social á provincia de Lugo. No PSOE non estamos con emendas aparentes ou suavizadoras de aquelas que dicían instar ao Ministerio que cando poida poña outro xulgado. Nós seguimos na mesma posición e consideramos equivocada e errónea a decisión de non concederlle outro Xulgado do Social a Lugo”.

“Podiamos utilizar os argumentos de que o 145% de carga é a menor de Galicia e que iso ten Xustificación ou que a Xunta ten un acordo para que só se poñen en marcha 3 xulgados na comunidade autónoma. Tamén podiamos facer unha emenda para que a Xunta propoña que sexan 4 e non 3 pero non o imos facer. Imos dicirlle aos nosos compañeiros no Goberno do Estado que se equivocan e que non respaldamos a súa decisión. Os lucenses necesitamos un novo xulgado do social”.

“O PSOE pese a quen lle pese e doa a quen lle doa seguimos na mesma posición. Na mesma que en 2012, no 2013 ou no 2014 cando xa reclamamos un novo xulgado e o PP nin o daba nin o pedía”.

Santos Ramos apuntou que “permítame que traslade á cidadanía a confianza que temos neste Goberno progresista. A nós non nos van facer falta 7 anos rata ter un xulgado do social. E sen non seremos os primeiros en reclamalo como o fixemos co problema de persoal na Policía Nacional. Non traten de cargar ao PSOE das consecuencias de 7 anos de goberno do PP” apuntou o veceiro so goberno.

Que che pareceu o artigo ?