Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– Santos Ramos destacou que “estamos traballando no Parlamento, na Deputación e no Concello, así como en todos os foros nos que temos participación política, para evitar este novo ataque do PP aos lucenses”

– “Houbo que renunciar a titulacións e a outras iniciativas da USC para poder especializar este Campus na terra e agora o goberno de Feijóo ven a atacar a medula espiñal da nosa filosofía educativa, recoñecida en todo o mundo”

Lugo, 6 de febreiro de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Secretario de Educación provincial socialista, Miguel Vilar Rivas, valoraron este mércores a intención que baralla o PP dende a Xunta de eliminar máis titulacións universitarias no Campus de Lugo.

“Transcendeu a intención da Xunta de Galicia de poñer en risco 4 titulacións claves para o Campus de Lugo:as EnxeñeríasQuímica, Civil, Forestal e Agrónoma.Para as dúas primeiras especialidadesplantexan a súa desaparición e para as outras dúas que boa parte da actividade se vaia a Ourense ePontevedra, debilitando o Campus Terra” subliñou Santos Ramos

“O Campus Terra de Lugo chámase así porque se buscou a especialización. Houbo que renunciar a titulacións e aoutras iniciativas da USC para poder especializar este Campus na terra e agora o PP vena atacar amedula espiñal do que é a nosa filosofía educativa, do que é a nosa excelencia recoñecida en Galicia, España e Europa e do quedan boa conta os alumnos internacionais que veñen a formarse ao noso Campus”.

“Dende o PSOE non podemos consentir que isto se produza porque o Campus é fundamental para o desenvolvemento da nosa cidade e da nosa provincia. Por este motivo, imos levar adiante todas as iniciativas que estean na nosa man para tratar de evitar este novo ataque da Xunta de Feijóo aos lucenses”.

O Secretario Xeral Provincial subliñou que “estamos traballando no seo do grupo parlamentariode Galicia, na Deputación e no Concello de Lugo, así como en todos aqueles foros nos que temos participación política, pelexando con uñas e dentes para que Lugo non se vea privado de 4 titulacións esenciais para o noso Campus e para a nosa provincia”.

“Dende o PSOE non imos ser cómplices desta navallada que o PP pretende dar aos lucenses, ao campus, á cidade e á provincia”

 

Que che pareceu o artigo ?