fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– A Comisión, a proposta do Alcalde, elixiu por unanimidade a este veciños da Fonsagrada como recoñecemento do traballo e a promoción do embutido, un dos grandes embaixadores do Concello e, por extensión, da Montaña

– Fernández Queipo informou que será o 24 de febreiro, na segunda xornada da XXII Feira do Butelo, cando se entregarán estes galardóns aos premiados. “Estou convencido de que será un día especial para todos os fonsagradinos, pois este ano estreamos o nomeamento de Festa de Interese Turístico Galego, que seguro que atraerá a máis xente que quererá desfrutar do noso Butelo”

A Fonsagrada, 31 de decembro de 2019.- O Pleno da Fonsagrada aprobará este xoves a concesión do Butelo de Ouro 2019. Así o informou este xoves o Alcalde, Argelio Fernández Queipo, que explicou que a Comisión, a proposta do goberno, elixiu por unanimidade aos membros da Real Academia Galega da Lingua, Pegerto Saavedra e Antón Santamarina, como recoñecemento do traballo e a promoción do embutido, un dos grandes embaixadores do Concello e, por extensión, da Montaña.

O rexedor destacou que “Pegerto Saavedra, veciño de Ferreira da Arriba, é un historiador que colaborou en distintas ocasións co Concello, a última, coa elaboración da memoria para que a Feira do Butelo fose declarada Festa de Interese Turístico Galego o ano pasado”. En canto a Antón Santamarina subliñou que “este filólogo, natural de San Martín de Suarna, é unha persoa de recoñecido prestixio que fixo moito pola defensa das nosas raíces e das nosas costumes lingüísticas”.

Fernández Queipo informou que será o 24 de febreiro, na segunda xornada da XXII Feira do Butelo, cando se entregarán estes galardóns aos premiados. “Estou convencido de que será un día especial para todos os fonsagradinos, pois este ano estreamos o nomeamento de Festa de Interese Turístico Galego, que seguro que atraerá a máis xente que quererá desfrutar do noso Butelo”.

“A feira é fundamental para dinamizar a actividade económica, social e cultural do noso Concello. Este evento favorece a xeración de riqueza non só os días propios da festa, senón que estimula tamén o volume de vendas dos negocios locais e hostaleiros da Fonsagrada e da Comarca da Montaña”.

Que che pareceu o artigo ?