fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A voceira socialista explicou que presentaron unha iniciativa para reducir o IBI ata o 0,4, pois é o Concello co máis alto da contorna, “pero Martínez e o PP puxéronse de acordo, castigando aos veciños a seguir pagando estes impostos”

– “Denunciamos a situación á que ten sometido o rexedor ás traballadoras do SAF que lles obriga a pagar o custos de desprazamento ás vivendas dos usuarios. A día de hoxe as profesionais seguen aboando do seu propio soldo”

– O PSOE tamén solicitou á Xunta a arranxar dúas estradas autonómicas. O PP non fixo nada

Os socialistas falamos con feitos, como vimos demostrando nesta nova etapa en Becerreá. O facemos con políticas sociais, desenvolvendo iniciativas como as presentadas no último ano, que protexen os dereitos dos becerrenses”

Becerreá, 6 de febreiro de 2019.- A voceira do PSOE en Becerreá, Ana Rubinos Bolaño, puxo en coñecemento este mércores as propostas presentadas polos socialistas no Concello e que foron rexeitadas pola Alcalde e o PP.

Ana Rubinos explicou que “dende o PSOE presentamos unha iniciativa para rebaixar o IBI de urbana ao 0,4 e aplicar bonificacións do 95% para os usuarios de actividades agrogandeiras, pois Becerreá é o municipio co tipo impositivo máis alto da contorna.  Non saíu adiante porque o Alcalde e o seu equipo de goberno, xunto ao PP, rexeitaron dita proposta, castigando aos becerrenses a continuar pagando estes impostos tan elevados”.

“Fomos os socialistas os que denunciamos a situación á que ten sometido o señor Martínez ás traballadoras municipais do Servizo de Axuda no Fogar que lles obriga a pagar o custos de desprazamento ás vivendas dos usuarios que atenden. A día de hoxe, as profesionais seguen aboando do seu propio soldo os gastos de combustible, amortizamento e mantemento dos seus propios vehículos porque o Alcalde négase en rotundo. Así é como defende os intereses dos traballadores”.

Ana Rubinos informou que “tamén solicitamos á Xunta de Galicia o arranxo inmediato da LU-636 que vai de Becerreá a Sarria por Vilaesteba e da LU-722 de Becerreá a Navia de Suarna para que os nosos veciños teñan unhas infraestruturas decentes. Presentamos emendas aos orzamentos da Xunta pero o PP non as aceptou e non fixo ningunha actuación ata agora”.

O PSOE fala con feitos

“Os socialistas falamos con feitos, como vimos demostrando durante esta nova etapa en Becerreá. Nós sempre imos estar ao carón dos cidadáns porque é o que nos define. O facemos con políticas sociais, desenvolvendo iniciativas como as presentadas durante o último ano, que buscan protexer os dereitos dos becerrenses. Seguiremos coa nosa folla de ruta que é traballar para que os nosos veciños teñan os servizos públicos que se merecen” apuntou a voceira.

Que che pareceu o artigo ?