fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– “Non hai outra lectura, nin outra explicación. Que se deixen de paripés, de contos e de propostas. Tiveron tempo para avanzar e facer. Ethel Vázquez dixo a verdade do Partido Popular sobre a Intermodal de Lugo: que non a quere”

– “A Xunta decidirá se quere ofrecer unhas instalacións de intermodalidade cos buses aos lucenses como se merecen, como unha cidade e unha provincia vangardista e moderna ou se quere seguir ancorada no pasado”

Lugo, 21 de febreiro de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a preguntas dos periodistas sobre a situación do proxecto de Intermodal subliñou que “o PP por fin recoñece que non quere unha Estación Intermodal en Lugo. Non hai outra lectura, nin outra explicación. Que se deixen de paripés, de contos e de propostas. Tiveron tempo e tempo para avanzar e facer. Ao goberno galego correspóndelles a parte da estación de autobuses e a nós a estación de tren, na que imos seguir avanzando. Que se deixen de mentiras”.

“O que fixo o outro día a Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, foi dicir a verdade do Partido Popular sobre a Intermodal de Lugo: que non a quere. A Xunta decidirá se quere ofrecer unhas instalacións de intermodalidade cos buses aos lucenses como se merecen, como unha cidade e unha provincia vangardista e moderna ou se quere seguir ancorada no pasado”.

“Non podemos consentir seguir paralizados por unha Xunta de Galicia que o único que fai é agredir aos veciños e veciñas da provincia de Lugo. Agora sabemos a verdade do PP”.

“Dende o PSOE seguiremos traballando na parte que nos corresponde, co Ministerio de Fomento que, dende que non está o Partido Popular, si ten unha actitude construtiva e propositiva para esta provincia e para esta cidade” apuntou Santos Ramos.

Que che pareceu o artigo ?