Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– Persoal e veciños de Chantada e Carballedo esixiron este luns reforzar o número de profesionais en urxencias e restituír unha ambulancia asistencial. Fixérono nunha concentración na que se sumaron socialistas da provincia

Polas tardes, de luns a sábados, só hai 1 médico para atender urxencias de 10.500 persoas. Cando hai urxencias a domicilio o centro queda sen médico e os pacientes teñen que esperar a que volva o facultativo para ser atendidos

– Chantada contaba cunha ambulancia asistencial e outra suplementaria e agora só tenunha asistencial. Isto implica que en caso de emerxencias simultáneas os profesionais tardan máis en chegar ao lugar onde estea o enfermo

O PSOE subliña a necesidade de reforzar o servizo atendendo á situación orográfica, pois son máis de 300 km2 de extensión e 59 parroquias as que comprenden a área do PAC, aumentando o tempo de desprazamento e resposta

Chantada, 4 de febreiro de 2019.- O PSOE acompañou este luns a veciños de Chantada e Carballedo e profesionais do centro de saúde e PAC chantadino na demanda de máis medios humanos e materiais para o centro. Fixérono nunha concentración áque se sumaron socialistas nestes municipios e o Secretario Xeral Provincial, Álvaro Santos Ramos.

O goberno galego do Partido Popular négase a reforzar o número de profesionais para urxencias e restituír unha ambulancia en detrimento dos 8.300 veciños de Chantada e dos máis de 2.200 de Carballedo cuxo Punto de Atención Continuada é o chantadino.

Polas tardes, de luns a sábados, no Centro de Saúdetan só hai 1 médico e 1 enfermeira para atender consultas e urxencias de máis de 10.000 persoas. Os veciños e ospropios profesionais levan moito tempo reclamando ao executivo autonómico que se reforce o persoal, pois cando hai urxencias a domicilio o centro queda sen ningún médico e os pacientes teñen que esperar a que volva o facultativo para ser atendidos. Ademais, co volume de traballo que existe o persoal non pode ofrecer unha atención sanitaria digna.

Antes Chantada contaba cunha ambulancia asistencial e outra suplementaria e agora só teñen a asistencial operativa as 24 horas do día. Isto implica que en caso de varias emerxencias simultáneas, os profesionais tardan máis tempo en chegar ao lugar onde estea o enfermo.Por estes motivos os veciños esixen a dotación doutra ambulancia.

10.500 veciños, 300 km2 e 59 parroquias

Os socialistas destacaron a necesidade de reforzar o servizo de urxencias con máis persoal e outra ambulancia atendendo as demandas dos veciños e a situación orográfica, pois son máis de 300 km2 de extensión e 59 parroquias as que comprenden a área do PAC de Chantada, aumentando o tempo de desprazamento e resposta.

Que che pareceu o artigo ?