Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O rexedor fixo esta afirmación tras facerse públicas unhas declaracións do voceiro do PP asegurando que o Alcalde incumprira acordos notariais

– “Non podo consentir que se manche a imaxe do Concello de Láncara e a miña propia con calumnias e mentiras que non teñen ningún fundamento. Esta é a forma que ten o PP de facer política, desprestixiar ás persoas”

– O Alcalde de Láncara acadou o compromiso para que sexa a empresa eólica a que acondicione as estradas de Vilarín e Cortella. “Os traballos comezarán inmediatamente e non suporá nin un só euro para as arcas municipais”

Láncara, 13 de marzo de 2019.- O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, subliñou que “nunca incumprín un acordo notarial. É unha mentira máis do señor Cubillas. Rétoo a que o demostre con documentos”. O rexedor socialista fixo esta afirmación tras facerse públicas unhas declaracións do voceiro do PP, Santiago Cubillas, asegurando que o Alcalde incumprira acordos notariais.

“Como Alcalde non podo consentir que se manche a imaxe do Concello de Láncara e a miña propia con calumnias e mentiras que non teñen ningún fundamento. Esta é a forma que ten o Partido Popular de facer política, desprestixiar ás persoas, pero dende o PSOE non o imos a permitir. Que se poñan a traballar, de verdade, por Láncara e presenten iniciativas para mellorar o día a día dos nosos veciños e deixen de contaminar as institucións” denunciou Piñeiro López.

Darío Piñeiro explicou que só unha vez asinou unha acta notarial “porque a Xunta dicía que investira 2 millóns en Láncara cando só era 1. Comprometinme a que dimitiría se alguén demostraba que eu mentía e o sigo mantendo. Pero como a verdade só ten un camiño, ninguén puido probar dito investimento”.

A empresa eólica arranxará a estrada de Vilarín e Cortella

O Alcalde de Láncara aclarou que acadou o compromiso para que sexa a propia empresa eólica a que acondicione as estradas de Vilarín e Cortella, que actualmente conta con algunha zona en mal estado. “Os traballos comezarán inmediatamente e non suporán nin un só euro para as arcas do Concello de Láncara. Unha vez máis, seguimos atendendo as demandas dos nosos veciños como fixemos durante os 4 anos de lexislatura” destacou o socialista.

Que che pareceu o artigo ?