fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– A voceira do PSOE agradeceu ao Goberno da Deputación a chega de 240.000 euros para acondicionar 5 estradas provincias

– A socialista lamentou que a Xunta de Galicia non teña a mesma implicación para arranxar estradas autonómicas

– “A LU-651 está nun estado lamentable. O PP leva comprometidos 1,5 millóns nos orzamentos que nunca executa. Onde están os 6 millóns que Alcaldesa prometeu aos veciños?. Ese é o nulo interese que teñen polos veciños do Courel”

Folgoso do Courel, 18 de marzo de 2019.- A voceira do PSOE en Folgoso do Courel, Carmen Álvarez, subliñou este luns que “os socialistas somos os únicos que investimos en mellorar estradas en Folgoso do Courel”. Fixo esta afirmación tras aprobar o Goberno da Deputación unha achega de máis de 240.000 euros para contratar as obras para acondicionar 5 estradas provincias que transcorren polo Concello.

Carmen Álvarez agradeceu aos compañeiros do Executivo Provincial “a sensibilidade amosada durante toda a lexislatura para rehabilitar infraestruturas do municipio, confirmando o compromiso do PSOE por mellorar a calidade de vida dos veciños de Folgoso do Courel”.

A voceira socialista explicou que os traballos realizaranse nun treito de 1,1 quilómetros da LU-P-1301, que vai dende Seoane do Courel ao Hospital e ramais a Piñeira, Lousada e Vila; a LU-P-1303, que vai dende Seoane- Visuña – Ferramulín, LU-P-1306, que vai dende Megoxe a Ferreira do Incio, a LU-P-4501, que vai dende Poio a Louzarela e accesos Meiraos e a LU-P-560, que vai dende Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.

Carmen Álvarez avanzou que as actuacións, que previsiblemente comezarán no vindeiro mes, consistirán na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical.

Arranxo da LU-651: Débeda histórica do PP

A voceira socialista lamentou que a Xunta de Galicia do PP non teña a mesma implicación para arranxar estradas de titularidade autonómica. Neste eido, Carmen Álvarez denunciou o mal estado no que se atopa a LU-651. “Trátase dunha débeda histórica do PP cos caurelanos acondicionar a LU-651. Dende 2016 o goberno galego leva incluído partidas que suman un total de 1,5 millóns de euros nos orzamentos para mellorar dita vía pero nunca os executa. Os socialistas presentamos unha emenda aos presupostos da Xunta para esixir o inicio inmediato da reformar integral de dita vía e un investimento de 1 millón que foi rexeitada polos populares”.

“Así demostra o PP o interese que ten porque os veciños do Courel teñamos as prestacións necesarias para poder seguir vivindo aquí. Onde están os 6 millóns de euros que a Alcaldesa prometeu aos caurelanos para arranxar a estrada?”.

Que che pareceu o artigo ?